InicioA CORUÑAO Concello da Coruña realizará investimentos e arranxos no parque de Santa...

O Concello da Coruña realizará investimentos e arranxos no parque de Santa Margarita

Publicada o

Por europapress

O Concello da Coruña investirá un millón de euros no plan de melloras previsto no parque de Santa Margarita, que sae a concurso este mércores despois da súa aprobación na Xunta de Goberno local.

Así o informou, ao termo da mesma, a alcaldesa, Inés Rey. Cunha superficie de máis de 78.000 metros cadrados, o parque rexistrará unha nova transformación coa renovación e adaptación de camiños e ampliación de mellora de equipamentos, entre outras actuacións como a ampliación da zona de xogos infantís.

Noutra orde de asuntos, informou tamén da aprobación da nova convocatoria de axudas que permitirá acometer actuacións de rehabilitación en catro contornas de rehabilitación programada: Cidade Vella-Pescadería; o grupo de vivendas de María Pita, as Casas de Franco e o Barrio das Flores. A convocatoria inclúe un orzamento de máis de cinco millóns de euros.

Ademais, este venres deuse o visto e prace para que o Instituto Galego de Vivenda e Solo (IGVS) tramite o proxecto de interese autonómico que permitirá a creación de 4.300 vivendas protexidas no Monte Mero. Será de cara á construción de vivenda pública.

Así mesmo, aprobouse a saída a concurso das obras necesarias para crear unha fonte lúdica en Novo Mesoiro, a primeira deste tipo na Coruña e que suporá un investimento de 130.000 euros.

Por outra banda, A Coruña, Arteixo e Culleredo reforzarán a súa colaboración coa construción dunha gran zona deportiva na Zapateira. O tres concellos concorrerán xuntos a unha subvención autonómica. A proxectada zona deportiva de Montegolf aumentará así, informan, a súa oferta de lecer e deporte.

ÚLTIMAS

Unha limpeza global con epicentro en Santa Cruz

28 voluntarios acodiron á chamada do colectivo Arenalimpia para limpar a praia de Santa...

100 anos do Galicia Gaiteira

Non é doado atopar un club modesto centenario. O Galicia Gaiteira CF é un...

Culleredo reforza a vixilancia policial sobre os taxis en Alvedro por incumprimentos na bolsa de reforzo

O Concello de Culleredo aumentará, a partir deste luns, a vixilancia sobre o servizo...

Ferida unha persoa mentres practicaba windsurf na Coruña tras sufrir un accidente fronte á costa

Unha persoa resultou ferida mentres practicaba windsurf na Coruña. Tras ser recollida por unha...