InicioBARRIOSDo Festival Ferrados de Letras á FoliAgra. Un barrio entregado a tradición

Do Festival Ferrados de Letras á FoliAgra. Un barrio entregado a tradición

Publicada o

Por Ubaldo Cerqueiro

Espectacular como afronta este comezo de verán a Asociación Veciñal Agra, con varios programas tremendamente activos, ademais das súas clases habituais.

De feito, para poñer en valor o traballo que ao longo do curso vén facendo a entidade, outro ano máis organiza o Festival Ferrados de Letras, que mostrará o talento da veciñanza do barrio. A cita será o sábado 31 de maio ás 19:30h no Ágora.

Nos últimos anos mudaron o formato deste espectáculo programando unicamente mostras dos colectivos que veñen tendo actividade cultural na Asociación. Así, as protagonistas serán as persoas do É así grupo Parabéns, que nos han achegar ao seu xeito de facer a música que senten, aos gaiteiros/as, a Tradivivas Agra (cantareiras/os e pandeireteiras/os), a cantadores e cantadoras… unha marea de tradición.

Pero este ano a novidade vén en clave de foliada, pois todo o mundo pode subir ao escenario a recitar ou cantar algunhas cantigas tradicionais e populares. As Letras Galegas deste ano son unha homenaxe á cultura tradicional representada nunhas poucas cantareiras.

Este festival, como todas as actividades do programa “Agra no Ágora” son de acceso libre e gratuíto; o programa está financiado polo Concello da Coruña e deseñado en colaboración coa Asociación veciñal Agra.

Foliagra en xuño

FoliAgra 2025 p

Pero a entidade xa pensa tamén no programa Foliagra, a festa tradicional do barrio da Agra do Orzán, que celebran no mes de xuño cun programa pensado para grandes e crianzas: (ruadas, concertos, cantos de taberna, monicreques e autómatas).

As rúas da Agra do Orzán serán o mellor destino para cantar, bailar e tomar uns aperitivos ou xantar calquera sábado e domingo do mes de xuño: entre as 11:30 e as 14 h os pasarrúas encherán as rúas de música e baile tradicional: sairán da praza das Cunchiñas e irán percorrendo as rúas anexas con música e pezas de baile.

A pesar de non contar cun gran espazo onde poder organizar unha festa ao aire libre (a pesar das infinitas mobilizacións polo Parque da Agra XA!), usan o auditorio do Ágora e algúns espazos escolares.

Dende o sábado 7 de xuño haberá Ruadas, con saída ás 11:30 dende a Praza das Cunchiñas, con diferentes grupos. Tamén haberá dous espectáculos de Trécola Producións para o alumnado do CEIP María Barbeito e Cerviño e do CEIP Raquel Camacho; non faltarán os Cantos de Taberna os sábados 7e e 21 de xuño polos bares da zona das 19:30 ás 22:30 h. E por último tamén haberá microconcertos da escola municipal e o concerto final o 28 de xuño.

O programa completo, coas localizacións, está en galizacultura.gal/agra/foliagra-2025.

Actividades que non paran

Pero ademais, as actividades habituais non paran e xa abren o prazo de inscrición para os cursos gratuítos de xullo de baile tradicional, pandeireta e pandeiro. Sempre que as condicións metereolóxicas o permitan desenvolverémolos ao aire libre, na praza das Cunchiñas, de luns a venres, en quendas de mañá (de 11:30 h a 13:30 h) ou tarde (de 16:30 h a 18:30 h).

  • Luns, mércores e venres, nas primeiras horas: pandeireta e nas segundas baile.
  • Martes e xoves, nas primeiras horas pandeiro e nas segundas baile.

ÚLTIMAS

A preocupante situación do SAF da Coruña

Saían de novo onte á rúa as traballadoras de residencias privadas, pero desta volta...

Participación “masiva”, segundo sindicatos, nos paros do persoal de cociña do Hospital Quirón da Coruña

Os traballadores da cociña do Hospital Quirón da Coruña participaron de forma "masiva" nos...

Un mapa e 13 novas estacións para BiciCoruña

Anunciou onte o Concello da Coruña unha nova mellora no servizo municipal BiciCoruña. Ás...

Seleccionado un proxecto sobre o cancro da investigadora da UDC Elena Pazos polo CICA

A investigadora Elena Pazos Chantrero, do Centro Interdisciplinar de Química e Bioloxía (CICA) da...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here