InicioECONOMÍADenuncian o despedimento pola súa actividade sindical ao presidente do Comité de...

Denuncian o despedimento pola súa actividade sindical ao presidente do Comité de Empresa da Carpintería Ramón García

Publicada o

Por editor

Convusión sindical no seo da Carpintería Ramón García SA (situada en Ordes). Hai arredor dun mes coñecíase o despedimento dun traballador da empresa, concretamente do ata agora actual presidente do Comité de Empresa. A empresa utilizou unha “carta chea de falsidades” e diferentes “cuestións menores que pasan centos de veces ao día nunha empresa con centos de traballadores”, segundo denuncia a CIG Construción e Madeira, “como baixarse a máscara ou ir botar unha man a un compañeiro noutra máquina”, para abrirlle un expediente. Unha formulación que dende o sindicato consideran que é unha excusa pero que o único “interese da empresa é librarse do seu principal activo sindical”.

Para a entidade trátase dun proceso de “represión pola actividade sindical” contra un traballador que leva 14 anos na empresa e conta con 26 anos de experiencia no sector. O traballador obtivo a maioría da representación hai 5 meses nas últimas eleccións sindicais, pero leva dende 2023 como representante da CIG, denunciando a problemática do po da madeira dura, que pode causar de cancros de fosas nasais cunha elevada taxa de mortalidade, nas instalacións da empresa.
Tamén comezou outras accións como o proceso de normalización das relacións laborais, a apertura de negociacións das condicións laborais do persoal de oficina, obra ou taller, a activación funcional do comité de Seguridade e Saúde, ou o inicio das negociacións do primeiro Plan de Igualdade e dos respectivos Protocolos de Acoso, Violencia de Xénero e LGTBI.

“Toda esta intensa actividade non foi vista con bos ollos pola dirección, quen chegou ao extremo de propoñerlle ao traballador fixar unha cifra a cambio de abandonar a sociedade, e polo tanto a súa acción sindical”, advirte a FCM-CIG.

A día de hoxe, segundo a CIG, a empresa decidiu excluír ao traballador de todos os procesos de participación, prohibíndolle a entrada na empresa, e o sindicato entende que é unha medida contraria á lei, ao estar pendentes dunha decisión xudicial. “A empresa ten claro que vai perder no proceso xudicial, pero mentres vai gañando tempo alonxando do centro de traballo ao activo sindical máis importante”, explica Mario Maceiras.

Así, co conflito moi vivo, a CIG pedirá a nulidade en vía xudicial e levará adiante as accións necesarias para esixir a readmisión do compañeiro. Mentres, e despois das mostras de apoio ao traballado no Congreso Federal da CIG, que se realizou esta fin de semana, a entidade sindical está recibindo tamén o poio doutros comités do sector, e está á espera á presentación da demanda por parte da avogada para poder convocar a primeira concentración.

 

ÚLTIMAS

Dolores Barral Rivadulla, nova membro numeraria do Instituto de Estudios Coruñeses José Cornide

O Palacio Municipal de María Pita acolleu onte o acto de lectura do discurso...

Un Xulgado declara procedente o despedimento do líder do Sindicato da Limpeza tras a folga do lixo de 2024

O maxistrado do Xulgado do Social número 4 da Coruña declara procedente o despedimento...

Monte Alto: Xa funcionan as escaleiras de Adelaida Muro

"Aleluya", sinalaban alegres varias veciñas esta mañá de luns 20 de outubro ao ver...

Volve a Escola Veciñal da FAVA con varias sesións formativas sobre saúde mental, reciclaxe e ciberdelincuencia

A Federación de Asociacións veciñais da Coruña e Área Metropolitana (FAVA Coruña) organiza entre...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here