InicioA CORUÑADous alumnos do instituto de Elviña representarán a Galicia nun debate de...

Dous alumnos do instituto de Elviña representarán a Galicia nun debate de oratoria na ONU

Publicada o

Por europapress

Os alumnos Omar Badriev Gazizov e Lois Queijeiro Varela, do Instituto Plurilingüe de Elviña (A Coruña), representarán a Galicia no debate escolar de oratoria en inglés Global Classroom impulsado por Nacións Unidas, cuxa final se celebrará en Nova York en abril.

Ambos acaban de proclamarse gañadores da primeira edición do debate escolar en inglés Global Classroom, centrado este ano no cambio climático desde a perspectiva da posición oficial dos diferentes países da ONU.

Outras catro parellas resultaron finalistas: Sabela González Martínez e María Serrano Pérez, do Instituto Plurilingüe A Paralaia (Moaña); así como outro tres, todas elas do IES Plurilingüe Rosalía de Castro (Santiago de Compostela): Andrea Otero Dopazo e Sara Dá Costa Cabanas; Marta Curral Martínez e Berta Barreiro Tasende; e Noa Altable Ledo e Martín Neira Boga.

A directora xeral de Ordenación e Innovación Educativa, Judith Fernández, participou esta semana na entrega de diplomas aos alumnos participantes e gañadores da final da primeira edición do debate escolar Global Classroom. Trátase dunha iniciativa en inglés na que alumnos de 3º de ESO simula as sesións da ONU, actuando como delegados, debatendo, presentando as súas propostas e negociando resolucións en inglés.

“Galicia é, por segundo ano consecutivo, a comunidade con maior nivel de inglés segundo o informe de Education First (EF), o que demostra que as accións de impulso do plurilingüismo que promovemos desde o Goberno galego están a dar os seus froitos”, sinala a directora xeral.

ÚLTIMAS

Disparidade entre Concello e a Xunta pola nova parada de bus metropolitano na rolda de Outeiro

A Xunta enviaba a semana pasada unha proposta ao Concello da Coruña para crear...

O Centro de Arte Fundación María José Jove marida arquitectura, xogo e comunidade

Se ben o 25 coñeceremos o seu programa educativo completo, este xoves 17 ás...

Un roteiro veciñal para reinvidicar a Rolda Peonil que atravesa a cidade

No marco do programa da Semana Europea da Mobilidade, que xa está en marcha...

As Festas de Monte Alto recuperan as Merendiñas da Torre

Monte Alto celebrará esta fin de semana unha nova edición das súas festas. Un...