InicioA CORUÑAPequeno catálogo de "patrimonicidios"

Pequeno catálogo de “patrimonicidios”

Publicada o

Por Rodrigo Osorio

O pasado 27 de febreiro a alcaldesa da Coruña calificou como «patrimonicidio» a antiga rotonda que rodeaba o Obelisco. Esa pequena zona verde naceu, según a nosa mandataria, para facilitar a circulación dos coches cando aínda había tráfico arredor do monumento e era preciso eliminala para sempre para que todas poidamos desfrutar da base do reloxo, tal e como sempre foi concebido. A vida non é sempre o máis importante.

Amais da brillante achega a lingua da señora Rey que pode que, dentro de moitos, moitos anos, obrige a Real Academia a lle dedicar un Día das Letras; as súas declaracións deixan claro unha das liñas non expresas do seu programa político pero que fomos sentindo todas as coruñesas obra tras obra, humanización tras humanización: calquera vexetal, aínda que sexan modestos arbustos e flores, como os que rodeaban o Obelisco, mancan nos ollos da líder do progresismo coruñés.

Dende que comezou a «Segunda Gran Modernización» da nosa cidade sacou das rúas moitos destes noxentos patrimonicidios:

– matou os umeiros do xardín de san Carlos (vemos na foto de portada)

– tallou as pequenas árbores que estaban diante da Delegación do Goberno e da igrexa de San Pedro de Mezonzo:

Arboricidio na Praza de Ourense na subdelegacion do Goberno da Coruna

– acabou co boa parte das árbores da praza de Ourense:

Arboricidio na Praza de Ourense
Arboricidio na Praza de Ourense

– rematou coa buganvílea que dende san Carlos miraba a rúa san Francisco:

- rematou coa buganvílea que dende san Carlos miraba a rúa san Francisco

Iso sen contar coa «solución final» que o goberno de Inés Rey aplicou as palmeiras coa escusa do picudo vermello e o notable incremento do formigón e o cemento nas nosas rúas, mesmo na peonis que fixeron desaparecer moitos espazos verdes substituídos por macetas e xardineras: ese xeito tan urbanita de domesticar á nai terra.

O resto do patrimonio ferido de morte: a Fundación Luis Seoane, o vello Cárcere, os frescos de Lugrís,… poden seguir agardando a que a gran modernizadora aprenda como lle sacar rendemento económico.

Rodrigo-OSORIO-GUERRERO

MÁIS ARTIGOS DE RODRIGO OSORIO NO XDC

 

ÚLTIMAS

Tito Pérez lanza “Rumbo Fendido”: “A emigración de xente moza con moita preparación é un tema infrarrepresentado na literatura”

Coñecémolo dende que sacou en 2023 O Latexar do Barrio, unha ollada de relatos...

Este venres A Coruña abordará a aprobación de cinco novas rutas aéreas nacionais

A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, recalcou que a cidade herculina aposta por recuperar...

12 novas citas musicais para o porto coruñés

Segue pechado o porto de Batería para que as iniciativas privadas aproveiten e moneticen...

Escalando cos avós

O Rocódromo de Riazor acollerá o próximo venres, 24 de xullo, unha xornada de...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here