InicioECONOMÍALuz verde á taxa turística

Luz verde á taxa turística

Publicada o

Por editor

Trala aprobación na Xunta de Goberno de hoxe, o goberno socialista da cidade levará a pleno a ordenanza fiscal que regula a taxa municipal sobre o imposto autonómico sobre as estadías turísticas, a coñecida como taxa turística.

O goberno indica que servirá para axudar a facer fronte ao aumento dos custes na
prestación de servizos públicos, derivados, en parte, do maior número de viaxeiros e estadías turísticas que se veñen contabilizando na cidade nos últimos anos.

As cifras son rotundas, e van en aumento. Se o ano pasado, A Coruña estivo ás portas de rebasar o millón de turistas, en 2022 foron 750.000.

A taxa irá de 1 a 2,5 € en función do aloxamento: 2,5 € en hoteis de 5 estrelas ou 4 estrelas superior; de 2 € en VUT, hoteis de 4 estrelas, 3 superior, 3 e 2 superior; de 1,5 € a embarcacións de cruceiro, VUT, hoteis de 2 estrelas, 1 superior e 1 estrela; e 1 € no caso de vivendas turísticas.

No caso dos cruceiros que fagan escala na Coruña, a recarga aplicaríase a partir do ano 2026. “Se se cambiase a normativa autonómica estudiaríase a non aplicación desta recarga aos cruceiros, que, en todo caso, non se aplicará neste ano 2025” , matizou a alcaldesa.

 

 

Máis novas

Resiste a Coruña a chegada de 5 cruceiros nun mesmo día?

 

ÚLTIMAS

Dous veleiros sofren novas arremetidas de orcas fronte á Coruña

Dous veleiros sufriron este domingo novas arremetidas de orcas fronte á costa da cidade...

A Garda Civil intervén máis de 20.000 artefactos pirotécnicos na Coruña

Efectivos da Patrulla Fiscal e de Fronteiras (PAFIF) da Garda Civil da Coruña interviñeron...

Comisan máis de 112 quilos de percebe furtivo na Coruña

Segundo informou a Consellería de Presidencia, os operativos foron realizados por axentes do Equipo...

AMEGA polo 25X: “Informar en galego tamén é facer patria”

Cada 25 de xullo celebramos o Día da Patria Galega reivindicando a nosa identidade,...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here