InicioCULTURAFillas de Cassandra presentarán o novo disco "Hibernarse" na Coruña

Fillas de Cassandra presentarán o novo disco “Hibernarse” na Coruña

Publicada o

Por editor

Fillas de Cassandra dará a coñecer o seu novo EP, Hibernarse, en dúas presentacións exclusivas que terán lugar en Galicia contra final deste mes de xuño, concretamente o venres 27 e o sábado 28. Estes ‘showcases’, organizandos dentro da iniciativa Noite no museo con Fnac, celebraranse en dous recintos museísticos dedicados á arte contemporánea, como son o MARCO de Vigo e a Fundación Luis Seoane da Coruña.

Para poder acceder a estas presentacións, nas que as artistas actuarán e darán a coñecer polo miúdo, e desde a proximidade, o proceso de creación do seu último traballo, o público poderá conseguir os seus convites nas tendas que a Fnac ten en Vigo e na Coruña. Nas vindeiras semanas, tanto a través da cadena como dos perfís das artistas nas redes sociais, daranse a coñecer os detalles do proceso.

Ademais, todas aquelas persoas que adquirisen o pack conformado polo vinilo e o fanzine de Hibernarse na prevenda a través da páxina web de Altafonte, tamén terán opción de acceder a estas dúas presentacións exclusivas. A discográfica porase proximamente en contacto coas compradoras a través do correo electrónico.
Despois da presentación en Vigo do 27, ao día seguinte, Fillas de Cassandra viaxará á cidade da Coruña para presentar o seu último álbum na Fundación Luis Seoane. Así, o sábado 28 de xuño, desde as 20.00 horas, nesta Noite na Fundación as e os asistentes poderanse achegar e coñecer, de perto, a nova obra de Sara Faro e María SOA.
Aquí tendes o fermoso videofilme de presentación, que conta coa colaboración de Caamaño&Ameixeiras:

 

A

As Fillas na Coruña 2024:

As Fillas de Cassandra revolucionan o Noroeste

As Fillas na Coruña en 2023:

As Fillas de Cassandra ou o destape da música tradicional galega

 

Máis novas musiqueiras

CUACFM entre os gañadores dos Premios Martín Códax da Música Galega 2025

A música galega contemporánea volverá ser protagonista do Atlantic Pride

 

 

Pepe Cunha, 25 anos á fronte do mellor programa de música galega contemporánea, “Ábrete de Orellas”

ÚLTIMAS

Canto inflúen as Vivendas de Uso Turístico na subida de prezos do alugueiro?

Hai poucos estudios de arquitectura preocupados, de verdade, polo devir socio-urbanístico da cidade. Un...

Os Premios María Casares celebraron 30 anos do teatro como elemento “chave” na sociedade

Vestiuse de gala onte o Teatro Rosalía de Castro para a gran Festa do...

Rodrigo Cuevas e Nuno Pico debullaron como foi a súa colaboración na Fundación Luís Seoane

Divertido e interesantísimo o coloquio entre Rodrigo Cuevas e Nuno Pico, de Grande Amore,...

“Sirat” e “As liñas discontinuas” abriron a potente Semana do Cinema Galego

Grande acollida á primeira sesión da VII Semana do Cinema Galego. Había espectación na...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here