InicioSOCIEDADEArrinca o Festival Mar de Mares: estas son todas as súas actividades

Arrinca o Festival Mar de Mares: estas son todas as súas actividades

Publicada o

Por europapress

A duodécima edición do Festival Mar de Mares, que se celebrará ata o 15 de xuño, arrincou este venres coa súa tradicional apertura no Mercado de San Agustín. Durante a apertura, a bióloga Odile Rodríguez de la Fuente, afirmou que este é un festival “paradigmático e exemplar, recoñecido en toda España e, pronto tamén a nivel internacional”. “O mar aínda necesita moita máis concienciación: temos que coller esa bandeira e levala máis aló da Coruña”, remarcou. Pola súa banda, a concelleira de Medio Ambiente, Yoya Neira, sinala que o festival permite que todos “toquen realidades que ás veces se esquecen”. “A cidade viviu moitos anos de costas ao mar e agora é tempo de mirar facía el”, remarcou.

XORNADA DO SÁBADO

A xornada do sábado comezará con avistamento de aves na contorna da Torre de Hércules, unha oportunidade única para descubrir especies locais e migratorias da man do equipo de Puertas Fuera. Ademais, haberá unha travesía en veleiro, cun picnic mariñeiro a bordo e explicacións sobre o ecosistema.
Desde as 11.00 horas o Mercado de San Agustín acollerá unha intensa programación con talleres ambientais, charlas, música en directo, showcookings e actuacións.

Tendes toda a programación en www.festivalmardemares.org e podedes inscribirvos nesta ligazón.

 

Crónicas dos anos pasados

O festival Mar de Mares converterá A Coruña en xuño na “capital mundial dos océanos”

 

3 toneladas de lixo extraídas do mar da Coruña no marco do Festival Mar de Mares

ÚLTIMAS

Aitor Neira defende “a colaboración entre os espazos progresistas da cidade” na súa presentación como candidato de Podemos Coruña

O pasado venres Sumar Coruña anunciaba que Trinidad Palacios era a súa proposta para...

Centos de traballadoras do comercio de alimentación da Coruña mobilízanse para reclamar un novo convenio

Centos de traballadoras do comercio de alimentación da Coruña manifestáronse este domingo para reclamar...

Gastronomía e banda deseñada para que se coñeza o “Sabor Coruño”

Representantes da Asociación Coruña Cociña presentaron este luns, na Fundación Luis Seoane, un cómic,...

A ANPA do CEIP Cidade Vella pide medidas de urxencia tras un suceso que “rozou a traxedia”

Continúan os problemas nos centros de ensino polo estado das infraestruturas. Aos problemas no...