InicioCULTURACorrea Corredoira, recoñecido na súa casa nunha "festa da arte"

Correa Corredoira, recoñecido na súa casa nunha “festa da arte”

Publicada o

Por editor

Emotiva a homenaxe rendida este martes no Teatro Colón a Tono Correa Corredoira. O comprometido artista herculino recibiu un grato recoñecemento da súa cidade, nun evento organizado polo Concello para poñer en valor o seu traballo en prol da cultura.

“Foi unha celebración da vida moi intensa e singular”, explícanos o propio protagonista, satisfeito de ver o “Teatro Rosalía inzadiño, petado, para esta festa da arte!”.

O acto contou cun acompañamento musical e foi presentado por Víctor Barús. Ademais, proxectouse o documental ‘A Caverna dos Soños’, dirixido por Javier Sega, Víctor Barús e Jerl sobre o labor artístico de Correa Corredoira. Tamén participaron o escritor Francisco Fernández Naval e a poeta, escritora e xornalista, Eva Veiga.

Todas as persoas asistentes recibiron unha obra gráfica do propio autor como agasallo.

Homenaxe a Correa Corredoira no Colon 2

Correa Corredoira

Tono Correa Corredoira, nado na Coruña en 1952, é un artista galego multidisciplinar recoñecido pola súa traxectoria como pintor, escultor, gravador, ceramista e muralista. Comezou a súa carreira artística nos anos 70, tras abandonar os estudos de Arquitectura e Belas Artes para dedicarse plenamente á creación artística. Foi membro fundador dos colectivos A Galga e GrupOrzán, e participou activamente no movemento Atlántica, clave na renovación da arte galega contemporánea.

A súa obra caracterízase por unha figuración expresionista que aborda temas como a maternidade, o erotismo, os mitos clásicos e o mar. Entre as súas creacións máis emblemáticas destaca o mural ‘27 golfiños e unha estrela’ (1992), situado na praia de Santa Cristina, en Oleiros, realizado en vitrocerámica. Tamén é autor da ‘Rosa dos Ventos’ (1994), o mosaico no parque escultórico da Torre de Hércules.

Correa Corredoira tamén ten desenvolvido unha destacada actividade como ilustrador e poeta, e continúa a ser unha voz activa na defensa do patrimonio artístico e cultural de Galicia.

 

ÚLTIMAS

Eugenia Gil Soriano, a árbitra internacional herculina: “Soño con pitar na 1ª Div.”

Recén de chegada de facer de 4⁰ árbitro en todo un San Mamés no...

Noite de incendios intencionados na Coruña: queiman seis colectores de lixo e dous baños portátiles

Os Bombeiros da Coruña tiveron que intervernir durante a madrugada deste martes, día 24,...

A humanización do parto na Área Sanitaria da Coruña-Cee, privilexio de poucas

Xa fai anos que o Servizo Galego de Saúde (SERGAS) anunciou a implantación do...

Docentes e usuarios do Programa de Lecer seguen sen novas oficiais sobre o reinicio dos cursos culturais

Cinco días despois do anuncio a través da prensa do Concello da Coruña da...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here