InicioSOCIEDADEPendente de determinar a orixe do incendio no edificio okupado da rúa...

Pendente de determinar a orixe do incendio no edificio okupado da rúa Barrera e as medidas a adoptar

Publicada o

Por europapress

Policía Científica está a analizar as causas que motivaron un incendio nun edificio okupado na rúa Barrera na Coruña, que se saldou con varias persoas feridas, mentres se avalían as medidas a adoptar. A preguntas dos xornalistas, a alcaldesa da Coruña, Inés Rey, confirmou que empezou a investigación “para determinar a orixe e as causas” do incendio e que por agora non hai un informe definitivo. Mentres, remarcou que está por determinar se o inmoble está “nun estado ruinoso” de cara a avaliar, ademais, as medidas de seguridade a adoptar. “Todos os veciños foron atendidos polos Servizos Sociais”, remarcou tamén.

Á súa vez, a subdelegada do Goberno na Coruña, María Rivas, indicou que Policía Nacional fixo unha inspección ocular “parcial” e non descartou o uso dun dron “para ver a situación” no interior. “Hai que seguir avanzando na investigacion para esclarecer as causas”, engadiu. En concreto, o incendio calcinou por completo o edificio okupado na rúa da Barrera, deixando ademais cinco feridos que foron atendidos no propio lugar dos feitos. Segundo informou o 112, ao redor das 3.00 horas deste martes dúas chamadas de particulares alertaron do lume.

Cinco feridos na Coruña tras un incendio dun edificio okupado na rúa da Barrera

ÚLTIMAS

Oleiros manda ao inferno a Trump e Netanyahu por San Xoá para purificar o mundo

Ademais do San Xoán de barrios da Coruña, pola comarca tamén tivo as súas...

200.000 persoas celebraron o San Xoán nas praias e nas rúas da cidade

Nova noite de San Xoán a vivida na Coruña. Unha das citas máis especiais...

Deteñen un home tras agredir á súa parella e precipitarse pola xanela

A Policía Nacional da Coruña detiveron a un home por presuntamente agredir á súa...

O Dépor xa é “da Coruña”: “Fixemos historia”

Tiña que ser. As persoas abonadas do Real Club Deportivo confirmaron na consulta vinculante...