InicioA CORUÑA1,2 millóns de euros para o plan de protección e reforma da...

1,2 millóns de euros para o plan de protección e reforma da Torre de Hércules

Publicada o

Por europapress

Esta mañá o Concello deu a coñecer o Plan Especial de Protección e Reforma Interior da Torre de Hércules, un os puntos máis visitados de todo o país. Nun acto conxunto entre Concello e Xunta, anunciaron que as obras licitaranse a finais deste verán, poderían empezar a finais de 2025 ou principios de 2026 para estar terminadas definitivamente na primavera ou xuño de 2026″.

O plan de melloras deste Ben de Interese Cultural e Patrimonio Mundial, que inclúe o financiamento conxunto de cinco actuacións. A Xunta achegará 995.000 euros procedentes dos fondos Next Generation mentres que o consistorio sumará 200.000 euros máis de fondos propios.

A Reforma

Por unha banda, levarase a cabo unha mellora da accesibilidade e distintas actuacións de reparación no espazo da área arqueolóxica da Torre de Hércules. Será unha actuación integral que mellorará os elementos estruturais metálicos, eliminará as filtracións, illará o conxunto para evitar os danos que causan as sales mariñas e mellorará a accesibilidade cunha nova rampla de acceso.

O segundo dos proxectos será a escavación e restauración do perímetro exterior da base da torre. Será a primeira escavación que se leve a cabo nesta zona desde 1992 e suporá unha mellora da conservación do material que forma parte das estruturas medievais e evitará así a degradación do xacemento.

Por outra banda, restauraranse as salas Giannini, terraza superior e Edículo. Serán pequenas actuacións destinadas a mellorar estas estancias interiores do faro para, do mesmo xeito, mellorar a experiencia xeral das persoas visitantes.

O cuarto dos proxectos que se levarán a cabo será a reforma da iluminación ornamental da Torre, co fin de actualizar estas instalacións e mellorar a eficiencia enerxética coas últimas tecnoloxías.

O quinto e último proxecto incluído no convenio suporá a restauración dos sendeiros do Espazo Natural de Interese Local da Torre de Hércules, na contorna do faro.
Ademais, definirase un percorrido accesible para persoas con mobilidade reducida aproveitando o tramo continuo que parte da glorieta e chega ata a costa, seguindo a continuación cara á dereita para pasear xunto ao mar.

ÚLTIMAS

Mobilización en Abanca contra a represión sindical e pola readmisión de dúas delegadas despedidas

Traballadores e traballadores de Abanca concentráronse este venres, unha vez máis, diante da oficina...

O PSdeG atribúe á “estratexia” do partido a substitución de Rivas por Abalde: “Son dúas persoas extremadamente válidas”

A deputada do PSdeG Silvia Longueira atribuíu á "estratexia do partido" a substitución de...

Gonzalo Castro sobre a sinatura da licenza dun festival o mesmo día do seu comezo: “Se aplicamos os criterios de forma estrita non se...

Durante o pleno de onte, ademais de tratar a mala xestión do Noroeste, o...

O pleno aproba a ordenanza de mobilidade e das praias

O patinete non se poderá subir ao bus. O Noroeste tivo o seu...