InicioCAMBREOs Porquíns herculinos únense cos vigueses para salvar Galicia

Os Porquíns herculinos únense cos vigueses para salvar Galicia

Publicada o

Por Ubaldo Cerqueiro

Tremenda a serie The Porquins Show, realizada polos cambreses da canle Televejo da Galiza. Xa van polo capítulo 52, sempre co obxectivo de concienciar sobre a defensa do patrimonio cultural e natural.

Desta volta, unen os mundos branquiazul e celeste para salvar ao país da invasión foránea, e as risas son máximas.

Ademais invitan a pasarse pola web/tenda de Sotaque Galego, pois están comezando a vender elementos característicos do noso país (como Chocas de Entroido ou caetras galaicas) para xuntar cartos para mercar montes de eucaliptos e reforestalos con castiñeiros.
Ademais da venda online estarán nalgunha feira mariñeira como a de Camelle.

ÚLTIMAS

A división sindical retrasa o convenio de transporte

Volverá haber folga este mércores no sector do transporte de viaxeiros por estrada da...

Bicicoruña bate marcas: Case 5.000 persoas usuarias cada día

Presentáronse onte os datos do servizo municipal de Bicicoruña de 2025. Unhas cifras que...

A ciencia toma o Teatro Colón: a Coruña prepárase para tres días de divulgación e espectáculo

A cidade da Coruña volverá acoller o evento Coruña Comunica Ciencia, unha cita que...

Bad Bunny sorprende ao persoal de Zara en Arteixo cun agasallo tras vestir da marca galega na Super Bowl

Que Bud Bunny vestise unha camiseta de Zara foi algo moi pensado. Que unha...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here