InicioCULTURAO Parque de Santa Margarida ponse de Foliada

O Parque de Santa Margarida ponse de Foliada

Publicada o

Por editor

Vístese de gala o Anfiteatro do Parque de SantaMargarida este sábado 14 de xuño para a Foliada e XXII Romaría do Lecer. Organizada pola AC Xacarandaina, é unha das citas máis importantes da tradición na cidade da Coruña.

A xornada arrinca ás 18:00h coa Foliadiña, na que participarán grupos de rapazada como as Xoaniñas e Charabiscas, as Tarandeiras, as Paroleiras e Libeliñas, as Pingas de Son, os Ruxeiros, Gandaina, Algareo, Os Rueiriños de San Pedro de Nós e os Tileiros.

Entre Foliada e foliada, á 21:30h, haberá concerto de Unto Vello, dende a Costa da Morte.

Xa a partir das 22:30h, chega a gran Foliada, con bandas como a Galantiñas, Argalleiros, Alxibeira, Barulleiras, As Netas de Quen, Xodó, Queiroa, Argallo e Gargallada, ademais, por suposto, dos gaiteiros e pandereiteiras de Xacarandaina.

Máis novas

Chega o Festival #Aquítaménsefala co mellor da escena musiqueira galega para a mocidade herculina

ÚLTIMAS

O CHUAC convértese en epicentro internacional da doazón de órganos en asistolia

O Complexo Hospitalario Universitario da Coruña (CHUAC) acolle desde este mércores a novena edición...

“O Mundial era o proxecto estrela de Inés Rey e o que hai é un proxecto estrelado”

Pouco eco un día despois da renuncia do Concello da Coruña ao Mundial 2030....

A CUAC FM soplará ás velas do seu 30 aniversario este sábado 21 de marzo ás 13:04 en María Pita

Inmerso en pleno aniversario, a familia da CUAC FM debullou esta fin de semana...

Os médicos volverán concentrarse este mércores ás portas do CHUAC

Este mércores 18 de marzo, ás 11:00h, hai convocada unha nova concentración de médicos...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here