InicioCULTURAChega o Festival #Aquítaménsefala co mellor da escena musiqueira galega para a...

Chega o Festival #Aquítaménsefala co mellor da escena musiqueira galega para a mocidade herculina

Publicada o

Por Ubaldo Cerqueiro

Volve o alumnado do IES Rafael Dieste facer historia da posta en valor da ligua galega no país coa organización profesional da segunda edición do Festival #AquíTaménSeFala. Este venres 13 de xuño, dende as 17:00h da tarde, a música galega contemporánea fará estoupar de enerxía a Praza da Tolerancia, demostrando que a mocidade de Labañou, a Agra do Orzán e de toda a Coruña tamén fala galego.

Porque este movemento, formado por rapaces de todo o planeta, é capaz de todo con esta campaña de normalización, ata de cambiarlle o nome ao Dépor.

Tralo rotundo éxito da edición do ano pasado, a organización escolleu unha maridaxe entre bandas emerxentes e bandas asentadas no panorama galaico. Se o ano pasado foi Boyanka Kostova un dos grupos máis liantes, este ano é Ortiga (unha das dúas medias laranxas de Boyanka) o cabeza de cartel, coas súas cumbias e ritmos máis trapeiros.

Outra das bandas participantes é Alana, un dos mellores exemplos do actual movemento tradi, formado por Antía Vázquez (Oleiros), Pablo Castro (Vimianzo) e Eloy Vidal (Ponteceso).

Tamén estará a banda coruñesa PAVA, liderada por Lucía Aldao, e acompañada por Analís á batería, Pablo Silva á guitarra e David Santos, lanzará moitos dos seus temas máis popeiros do disco PAVA 3, publicado a finais de ano.

Con todo, os primeiros que subirán ao escenario da Tolerancia ás 17:00h da tarde será a novísima banda compostela Ulex, que cos seus ritmos máis punkeiros demostraranlle á rapazada que é posible saír da habitación a un escenario.

Teremos que agardar cal será a actuación sorpresa que actuará ás 21:30 entre Alana e Ortiga… Pero a festa pangalaica, que diría Xurxo Souto, está garantida!

Horarios

Así foi a primeira edición

En Labañou tamén se fala galego

Máis novas

O IES Rafael Dieste segue facendo historia da normalización co II Festival #Aquítaménsefala

Aquí tamén se fala segue colleitando apoios para normalizar o nome do Dépor

Por que o #Aquítaménsefala trascende o IES Rafael Dieste

Outras novas

A música galega contemporánea volverá ser protagonista do Atlantic Pride

Pepe Cunha, 25 anos á fronte do mellor programa de música galega contemporánea, “Ábrete de Orellas”

ÚLTIMAS

A preocupante situación do SAF da Coruña

Saían de novo onte á rúa as traballadoras de residencias privadas, pero desta volta...

Catro feridos nun accidente con tres vehículos implicados na AP-9F, ao seu paso por Bergondo

Catro persoas resultaron feridas de diversa consideración nun accidente con tres vehículos implicados rexistrado...

A salsa de Marc Anthony conquista A Coruña nunha noite para a lembranza

Foron moitas as persoas que se agolparon dende ben cedo ás portas do Peirao...

O Seprona intercepta unha furgoneta con 429 quilos de lagostinos sen documentación

O Servizo de Protección da Natureza (Seprona) da Garda Civil interceptou unha furgoneta procedente...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here