InicioECONOMÍAA CIG convoca unha concentración contra o despedimento do presidente do Comité...

A CIG convoca unha concentración contra o despedimento do presidente do Comité de Ramón García

Publicada o

Por editor

Este mércores 18 de xuño, a Federación de Construción e Madeira da CIG convoca unha concentración coincidindo co acto de conciliación polo despedimento do presidente do comité de empresa de Carpintería Ramón García (CRG). A concentración, que seguramente non será moi numerosa polo clima de medo ás represalias que persegue aos traballadores da empresa, será ás 11:30h diante do Sección de Mediación, Arbitraje y Conciliación (S.M.A.C.) da Coruña (diante do IES Zalaeta).

Para a CIG, “este despedimento supón un grave caso de represión sindical, perpetrado contra un traballador que se destacou pola súa defensa activa dos dereitos laborais do persoal da empresa. O compañeiro asumiu a representación da sección sindical da CIG en 2023 e foi elixido presidente do comité tras gañar as eleccións sindicais en 2025. Desde entón impulsou importantes iniciativas, como a activación do Comité de Seguridade e Saúde, a negociación do Plan de Igualdade e a denuncia da exposición a po de madeira dura, altamente perigoso para a saúde, asi coma melloras para o conxunto dos compañeiros e compañeiras de taller, obra e oficinas”.

Dende a CIG reclaman “a inmediata readmisión do compañeiro e facemos un chamado á solidariedade para denunciar esta inxustiza e defender o dereito á actividade sindical libre e combativa”.

Máis novas

Denuncian o despedimento pola súa actividade sindical ao presidente do Comité de Empresa da Carpintería Ramón García

ÚLTIMAS

O conselleiro de Educación promete ás indignadas familias do CEIP Prácticas que afrontará a reforma integral

Román Rodríguez aproveitou para criticar a falta de mantemento do Concello. --- --- --- Visita...

Piden paralización real das obras da promoción de luxo na Maestranza

Hoxe continúan as obras da urbanización de luxo da Maestranza, a pesar da orde...

O comercio de alimentación da Coruña convoca unha gran manifestación este domingo

Continúan as mobilizacións do persoal do comercio de alimentación das grandes cadeas de supermercados....

A Coruña supera o millón de euros coa taxa turística no primeiro semestre do ano

O Concello da Coruña recadou 1.044.839,62 euros coa taxa turística no primeiro semestre de...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here