InicioA CORUÑAInés Rey anuncia a dispoñibilidade de 700 vivendas sociais na Coruña para...

Inés Rey anuncia a dispoñibilidade de 700 vivendas sociais na Coruña para 2028

Publicada o

Por europapress

A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, destacou a mobilización de 695 vivendas públicas en dous anos, “que estarán dispoñibles antes de 2028”, froito “do diálogo e a xestión”. “Con política útil, acción directa e horizonte a longo prazo”, recalcou.

Fíxoo nunha rolda de prensa con motivo do cumprimento dos dous anos do segundo mandato da rexedora. Na mesma, asegurou que a cidade herculina “lidera o crecemento en Galicia” e “vive un dos mellores momentos da súa historia recente”, con “unha das menores taxas de paro”, ademais de ser “referente en cuestións como vivenda ou mobilidade sustentable”.

En materia de medioambiente, respecto ao tratamento de lixos, anunciou que “se licitará a nova planta de Nostián este semestre”. Foi tras destacar que durante este mandado pechouse un “conflito histórico” plantando “cara á chantaxe” do anterior comité de empresa da concesionaria de recollida e tamén “está en marcha” a implantación do quinto colector.

“En todos os barrios da Coruña hai proxectos en marcha, espazos renovados e novas oportunidades”, engadiu para incidir entre os logros conseguidos por este goberno no desbloqueo de Coruña Marítima, un proxecto para converter “no mellor espazo urbano de Galicia” terreos portuarios da cidade, tras o traslado de operacións cara ao porto exterior de punta Langosteira, en Arteixo.

Así mesmo, Rey lembrou que ao longo destes dous anos, levaron a pleno 123 asuntos, dos que 119 foron aprobados e 48 tiveron unanimidade. En alusión ao PP, dixo que “o ruído non substitúe ás propostas” e sinalou que expón “esixencias sen solucións porque non existe alternativa a este Goberno”.

ÚLTIMAS

Os médicos dos hospitais cesan a súa actividade voluntaria ante a negativa da Xunta a negociar o fin da folga

Convocaba a Xunta ao sindicato O'Mega a semana pasdada, pero botouse atrás e a...

O PP pregunta polos avances da Comisión do Mundial 2030, pactados para febreiro, ante a nova visita da FIFA

Xa pasou máis dun mes dende a constitución da Comisión Especial sobre o Mundial...

O TSXG confirma 9 anos de cárcere por violar a unha muller ebria na Coruña: “Calquera home coñece os efectos do alcol”

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) confirmou a condena a 9 anos...

O Concello activa o Consello Local de Igualdade e abre unha nova etapa de participación

O Concello da Coruña realizou este luns a sesión constitutiva do Consello Local de...