InicioSUCESOSPasa a disposición policial o detido polo asasinato da súa parella na...

Pasa a disposición policial o detido polo asasinato da súa parella na Sagrada Familia

Publicada o

Por europapress

O home detido este domingo, día 15, pola morte da súa parella na Coruña pasou esta mañá a disposición xudicial, segundo confirmaron fontes xudiciais. O asasinato da muller produciuse na rúa San Isidoro, na Sagrada Familia. A vítima recibiu, segundo informou este luns a subdelegada do Goberno na Coruña, María Rivas, decenas de puñaladas con “bastante enseñamento”.

O home foi o que confesou á súa exmuller –coa que ten dous fillos en común– “que acababa de matar á súa parella actual” e foi ela quen avisou a Emerxencias. Tras personarse a Policía Nacional no domicilio no que convivían, procedeuse á detención do presunto agresor e localizouse o coitelo.

A falecida estaba incorporada no sistema VioGén con motivo dunha agresión física rexistrada en setembro de 2024. Nese momento, explicou a subdelegada do Goberno, aplicouse o Protocolo Cero, activado para actuar de oficio “cando as vítimas non se deciden a denunciar nun contexto de espiral de violencia de xénero”.

Esta agresión derivou nun procedemento xudicial que o pasado 27 de maio concluíu cunha sentenza “condenatoria” para o home que incluía unha “pena de afastamento en fase de execución”. O detido, de 61 anos, orixe peruana e nacionalidade española e a vítima –de 49 anos e peruana– contraeron matrimonio en maio.

ÚLTIMAS

A CIG denuncia “colapso” en Urxencias do Chuac e a xerencia alega unha “demanda superior á habitual”

CIG-Saúde da Coruña denunciou a "grave saturación" que se está producindo no Servizo de...

Tito Pérez lanza “Rumbo Fendido”: “A emigración de xente moza con moita preparación é un tema infrarrepresentado na literatura”

Coñecémolo dende que sacou en 2023 O Latexar do Barrio, unha ollada de relatos...

Traballadores de Ferroglobe mobilízanse contra o ERTE da empresa

Traballadores de Ferroglobe mobilizouse este mércores ante a fábrica de Sabón, en Arteixo, contra...

Inés Rey reclama á Xunta que asuma as súas competencias sobre os centros escolares

Como fixo esta semana xa o concelleiro de Educación, o Concello volve poñer no...