InicioECONOMÍAA CIG concentrouse contra a represión sindical en Carpintería Ramón García

A CIG concentrouse contra a represión sindical en Carpintería Ramón García

Publicada o

Por editor

Delegadas e delegados da CIG realizaron unha concentración este mércores diante do Sección de Mediación, Arbitraje y Conciliación (S.M.A.C.) da Coruña (en fronte do IES Zalaeta) para manifestar o seu  apoio ao presidente do comité de Carpintería Ramón García de Ordes e para reclamar a súa readmisión inmediata.

A central sindical denuncia que se trata dun “caso evidente de represión contra o traballador polo simple feito presentarse ás eleccións pola CIG, gañalas e desenvolver a acción sindical que lle corresponde como representante legal dos traballadores e traballadoras”.

O proceso de conciliación xa rematou, pero continúa aberto o proceso continuará no que a CIG demanda que se declare a nulidade do despedimento.

O secretario comarcal da Federación de Construción e Madeira da CIG da Coruña, Mario Maceiras, explicou que este traballador asumiu en 2023 a representación da central sindical nesta empresa e no ano 2025, despois de gañar as eleccións, foi elixido presidente do comité. “A partir dese momento, censurou, a empresa comeza cunha campaña de persecución e acoso contra del, até finalmente executar o seu despedimento”.

Maceiras chamou a atención sobre a carta de despedimento coa que a carpintería pretende xustificar a súa decisión “de 19 páxinas cheas de falsidades e nin unha soa proba dos comportamentos e feitos que lle atribúen”. Por iso considerou que con esta medida, a única intención da empresa “é liberarse do seu principal referente sindical”.

Criticou a postura da dirección de Ramón García que non só se “pecha en banda a sentar a falar e escoitar ningunha das nosas demandas, senón que incluso está nunha escalada de negarlle a lexitimidade ao propio comité no seu conxunto, utilizando o despedimento do presidente deste órgano como elemento para rexeitar calquera tipo de acordo cos delegados e delegadas”.

Pancarta pola readmision preto da oficina de Ramon Garcia en Perillo
Esta pancarta lucía onte na ponte do túnel de Perillo, ao carón das oficinas herculinas da empresa, pero hoxe xa está en Alfonso Molina

Denuncian o despedimento pola súa actividade sindical ao presidente do Comité de Empresa da Carpintería Ramón García

ÚLTIMAS

O sector do taxi da Coruña rexeita a consulta pública sobre a nova ordenanza e esixe o control das VTC

Taxistas convocantes nos últimos meses de protestas na Coruña contra as VTC, para esixir...

O mar da Coruña revólvese ante o Regulamento Europeo de Control

Entre bocinas e bengalas (sempre son moi vistosas as manifestacións do sector) xentes do...

O premiado proxecto lingüistico co CEIP Sagrada Familia, exemplo normalizador do Lx15

Mariña Lema é natural de Cabana, pero leva un par de anos dando clases...

O Bar 23, La Sifonería e o Bodega Órdenes, os gañadores dos Premios Picadillo

Fixo entrega hoxe o Concello da Coruña dos premios do XXI Concurso de Tapas...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here