InicioBARRIOSAs obras do centro cívico e centro de saúde de Santa Lucía...

As obras do centro cívico e centro de saúde de Santa Lucía comezarán antes de que remate o ano

Publicada o

Por editor

Anunciou onte o Concello da Coruña a saída a concurso das obras de rehabilitación do antigo mercado de Santa Lucía, unha actuación que suporá un investimento total de 10,3 millóns de euros e que aparella a construción dun novo centro de saúde e dun centro cívico, entre outros equipamentos públicos.

Unha obra que leva máis de 15 anos esquecida, absolutamente necesaria para a rexeneración do barrio da Falperra e o Ensanche, atendendo á necesidade de buscar unha alternativa ao ambulatorio de Federico Tapia.

Oprazo para presentar ofertas e optar á adxudicación das obras será de 30 días naturais desde que se publique a licitación na Plataforma de Contratación.
Fíxase un prazo de execución de 18 meses desde a posta en marcha dos traballos, que se preve que comecen antes de que remate o ano.

Outras novas

Aprobado o convenio de financiamento entre Xunta e Concello para licitar o centro de saúde e centro cívico de Santa Lucía

Seleccionado o estudo que dirixirá a obra do centro de Santa Lucía na Coruña de entre 14 obras presentadas

ÚLTIMAS

A Coruña únese este sábado á Limpeza Simultánea de Praias

Únense varios colectivos á XV Limpeza Simultánea de Praias, que a Asociación Ecoloxista ADEGA propón...

EMVSA asume a xestión da piscina municipal climatizada cuberta de San Amaro despois de 3,5 anos co contrato caducado

Dende maio de 2023 leva caducada a xestión da piscina municipal de Santo Amaro,...

Desmantelan un punto de venda de droga nun piso da Agra do Orzán tras unha alerta cidadá

A Policía Nacional desmantelou un punto de venda de substancias estupefacientes nun domicilio da...

A patronal de supermercados da Coruña denuncia “intimidacións a traballadores e a clientes” na folga

A Asociación de Supermercados da provincia da Coruña (ASAC) denunciou "intentos de bloqueo, intimidacións...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here