InicioECONOMÍAA preocupante situación do SAF da Coruña

A preocupante situación do SAF da Coruña

Publicada o

Por Ubaldo Cerqueiro

Saían de novo onte á rúa as traballadoras de residencias privadas, pero desta volta tamén o facían as profesionais do Servizos de Axuda no Fogar. Mobilizábanse nos edificios da Xunta para desbloquear a negociación colectiva e garantir condicións laborais xustas e unha atención decente.

Se a precariedade das traballadoras das residencias privadas é preocupante, máis o é o do SAF, porque falamos dunha prestación pública esencial para centos de persoas dependentes en todo o país. Un sistema público, dependente da Xunta, pero que esta leva décadas descargando nos Concellos, que á súa vez, subcontratan a empresas privadas.

Actualmente, no Concello da Coruña, o SAF (que atende aproximadamente a unhas 4000 persoas e ten un milleiro en lista de agarda) está xestionado por dúas empresas, unha delas Os Ventos Innovación e Servizos, S.L., e desde hai máis de dous anos, traballadoras do servizo veñen expresando preocupacións recorrentes sobre a súa situación laboral e as condicións do propio servizo. Como en concellos de media Galicia, en realidade, onde a falta de aprobación de orzamentos, por exemplo, provoca a prórroga, e non a actualización, de contratos que acaban perxudicando o servizo e ás traballadoras.

Neste caso o convenio colectivo leva vixente dende ano 2010. As negociacións para un novo convenio víronse frustradas polo preacordo asinado en 2022 por UGT e CCOO que introducía unha dobre escala salarial, desatando a indignación das traballadoras. Isto desencadeou unha folga histórica de 28 días en novembro de 2022 que obrigou a reverter o preacordo. Dende entón, nada se conseguiu avanzar na actualización do marco regulador.

Así o leva denunciando a CIG dende hai meses, criticando a “política de privatización dos coidados como base desta precariedade laboral e no deterioro da atención que se presta ás persoas usuarias”.

Pero tamén o denuncia Sumar Galicia, que considera “preocupante” a situación do SAF. O grupo ratifica os atrasos no ingreso das nóminas que sofren as traballadoras, a falta de uniformes a estas alturas do ano ou a ausencia dunha programación formativa regular en temas clave como mobilizacións, demencias ou prevención de riscos.
O grupo resalta o “incumprimento dos estándares establecidos polo Real Decreto 893/2024”, que regula a protección da saúde e seguridade no ámbito dos coidados no fogar. “Non se están facendo as avaliacións nos domicilios como deberan, e tampouco dispoñemos de moitos dos recursos que nos permitirían traballar con máis seguridade”, subliña Trinidad Palacios, responsable do Movemento Sumar Coruña.

Palacios asegura que tanto a alcaldesa Inés Rey como a concelleira de Servizos Sociais, Nereida Canosa, coñecen desde hai tempo esta situación e propón “non avanzar na prórroga do contrato sen garantías de mellora”, “publicar unha nova licitación canto antes”, “apostar pola remunicipalizaciónd o servizo”, “establecer un sistema de seguemento e avaliación con participación do persoal e das familias usuarias”.

Negociación colectiva paralizada

Dende a CIG lembran que “a negociación do convenio das residencias privadas e centros de día está bloqueada pola patronal dende o pasado mes de outubro, despois de que as asembleas de traballadoras rexeitaran de xeito contundente a proposta do empresariado, porque supuña seguir coas táboas salariais por debaixo do SMI, non contemplaba ningunha mellora na cobertura da baixas, non avanzaba na redución da xornada nin nas compensacións polo traballo en festivos, nin tampouco introducía melloras de carácter social.

ÚLTIMAS

Un mapa e 13 novas estacións para BiciCoruña

Anunciou onte o Concello da Coruña unha nova mellora no servizo municipal BiciCoruña. Ás...

A veciñanza de Celas pregunta pola súa senda peonil

Despois das 400 sinaturas presentadas pola veciñanza de Celas en Culleredo, para pedir melloras...

Investigan un accidente entre unha moto e un Uber que acabou cun ferido na Coruña

A Policía Local da Coruña investiga as circunstancias dun accidente ocorrido entre unha moto...

Catro feridos nun accidente con tres vehículos implicados na AP-9F, ao seu paso por Bergondo

Catro persoas resultaron feridas de diversa consideración nun accidente con tres vehículos implicados rexistrado...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here