É parte da historia cultural da cidade. En realidade, son parte da historia cultural da cidade. A familia Manicómicos volve ás rúas da cidade, este ano máis espalladas que nunca polos nosos barrios, para celebrar, do 17 ao 20 de xullo a edición número 24 deste Festival cultura a pé de rúa que inclúe unha coidada programación de espectáculos teatrais e circenses ideados para todos os públicos.
Un aperitivo perfecto previo ás festas de María Pita, con espectáculos de alto nivel internacional, e que volve demostrar o seu apoio incondicional ao circo galego, traendo grandes referentes do clown estatal, pero tamén dando espazo a artistas galegas como Assircópatas ou Aitor Garuz de Pista Catro.
Haberá un total de 12 espectáculos abertos ao público en diferentes espazos da cidade como o paseo das Pontes, o Campo da Leña, a praza das Conchiñas, a praza de Pablo Iglesias ou a Casa das Ciencias.
Ademais, o domingo 20 celebrarase a gran gala final no anfiteatro de Santa Margarida. Todas as actuacións son de balde.
Programación do XXIV Festival Manicómicos
Xoves 17
- 18.00h | Paseo das Pontes – Rojo Telón: ‘Transir’
- 20.00h | Paseo das Pontes – Cía. Jimena Cavalletti: ‘B.O.B.A.S.’
- 22.00h | Paseo das Pontes – La Bella Tour: ‘La Bella Tour’
Venres 18
- 12.30h | Campo da Leña – Circo Eia: ‘La piedra de madera’
- 18.00h | Campo da Leña – Circocido: ‘Mayday’
- 20.00h | Campo da Leña – Maiclown: ‘Alone’
- 22.00h | Campo da Leña – Bucraá Circus: ‘El Gran final’
Sábado 19
- 12.30h | Praza das Conchiñas – Aitor Garuz-Pistacatro: ‘O autoestopista
intergaláctico’ - 18.00h | Praza de Pablo Iglesias – Cía. Yepa: ‘Signora Gomez’
- 20.00h | Praza de Pablo Iglesias – La Churry: ‘Woooow!’
- 22.00h | Praza de Pablo Iglesias – Cía. Maite Guevara: ‘Susto’
Domingo 20
- 12.30h | Casa das Ciencias – Assircópatas / Rogelio 3: ‘La Fète’
- 19.00h | Anfiteatro Sta. Margarida – Gala XXIV Festival Manicómicos
Manicómicos
A Asociación Cultural Manicómicos nace en xaneiro de 2004 na Coruña, promovida por un grupo de persoas con distintos niveis de experiencia nas artes escénicas e cun interese común: Investigar, estudar e difundir as artes escénicas e a comedia. Os seus obxectivos son a organización de cursos formativos para os seus asociados e para a cidadanía en xeral, que sirvan para un mellor coñecemento das diferentes técnicas actorais, así como a organización dun festival de teatro cómico de carácter anual na cidade, no que se poidan ver, xunto a novos artistas galegos, a primeiras figuras do panorama cómico internacional que ademáis imparten cursos durante o festival.
Máis novas
Os Manicómicos, finalistas do “Premio Nacional CIRCORED ás Boas Prácticas”