InicioCULTURAOs Manicómicos, finalistas do "Premio Nacional CIRCORED ás Boas Prácticas"

Os Manicómicos, finalistas do “Premio Nacional CIRCORED ás Boas Prácticas”

Publicada o

Por editor

Son parte intrínseca do tecido cultural da cidade. Levan 20 anos formando parte das vidas de nen@s e maiores, sacándonos as risas e os sorrisos nas rúas e nos auditorios. Foi de feito a entidade pioneira en Galicia na visibilidade, recoñecento e axuda á profesionalización do “novo circo”, dignificando unha profesión que ata o comezo de século parecía de segunda.

Por iso, é unha alegría comprobar que a Asociación Cutural Manicómicos de A Coruña vén  de ser nomeada recentemente como finalista dos primeiros premios CIRCORED, promovidos pola Federación de Asociacións Profesionais de Circo do estado español, na categoría de “Boas prácticas”.

A Federación de Asociacións de Profesionais do Circo de España destaca o compromiso e coidado coas boas prácticas na programación de circo, desenvolvidas ao longo das 23 edicións do seu Festival Manicómicos. Estas inclúen, entre outros aspectos, a atención ás necesidades técnicas dos espectáculos, o acerto en programar cada evento nun lugar adecuado, a aposta por compañías emerxentes, ou a inclusión de procesos de mediación que involucren o entorno.
Os outros dous proxectos finalistas son MADn Circus Festival (Madrid) e Familia Circarte (Alicante).

O representante da asociación e director do seu Festival Manicómicos, Carlos Sante, viaxará a Bilbao este mércores 18 para estar presente na cerimonia de entrega de premios Circored, na Sala Bilborock a partires das 20.15, logo do acto inaugural do Congreso Circored. Carlos destaca a importancia deste premio, pois “é un recoñecemento da profesión a unha excelente xestión durante xa 23 edicións dun Festival que xa é referente nacional”.

 

ÚLTIMAS

As traballadoras do comercio volven manifestarse rotundamente contra o convenio da patronal ARTE

Tralas mobilizacións da semana pasada a modo de Byd Bunny as traballadoras do comercio...

A veciñanza da Agra do Orzán prántase ante o plan para erguer 21 novos edificios no futuro Parque da Agra 

Como se da revolución dos claveles se tratase (era 25 de abril), a veciñanza...

Unha limpeza global con epicentro en Santa Cruz

28 voluntarios acodiron á chamada do colectivo Arenalimpia para limpar a praia de Santa...

Detido tras esquivar un control e unha perigosa fuxida pola N-VI 

Axentes da Garda Civil pertencentes ao posto de Oleiros procederon á detención dun home...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here