InicioBARRIOSVolven pedir o acceso ao expediente da licenza da urbanización da Maestranza

Volven pedir o acceso ao expediente da licenza da urbanización da Maestranza

Publicada o

Por editor

Volve solicitar a plataforma Defensa do Común o acceso ao expediente da licenza outorgada o pasado 4 de xuño á promotora vasca Lipromo para edificar un bloque de 56 vivendas na parcela 2 do polígono do Campo da Estrada-Maestranza.

A este respecto, a entidade lembra que xa solicitara a mesma petición o pasado 11 de xuño, sen obter resposta algunha por parte do goberno local, comportamento que tilda de “hermético e lamentábel por negar o acceso a unha información que resulta fundamental coñecer, xa que dita licenza foi concedida ao amparo dun Estudo de Detalle que, na actualidade, está en trámite de conclusións nun proceso xudicial trala impugnación do mesmo por parte de Defensa do Común no TSXG”. Esta plataforma cívica advirte dos “enormes perxuizos que unha hipotética anulación do Estudo de Detalle conlevaría para o Concello xa que quedaría sen a preceptiva cobertura xurídica”.

En apoio da súa petición, Defensa do Común “apela tanto ao dereito á acción pública urbanística como ao acceso á información, aspectos que resultan de obrigado cumprimento por parte dos gobernos locais, ao tempo que anuncia que exercerá todas as accións administrativas e xudiciais que correspondan para a anulación definitiva da licenza en cuestión”.

Máis novas do proceso

 

O TSXG admite a trámite un recurso contra a urbanización do Campo da Estrada-A Maestranza

“A publicación no BOP, 30 anos despois, do PERI da Maestranza, só corrobora que o proceso de urbanización non é válido”

As 10 promocións urbanísticas formuladas na Coruña prevén a construción de 18.000 novas vivendas

Olladas doutro tempo: O Campo da Estrada e o Aviador

ÚLTIMAS

A Alexandre Bóveda rescata a “outra cara” de Manuel María este mércores no Colón

A Agrupación Cultural Alexandre Bóveda ultima os preparativos para a 28ª edición do Memorial Ibán...

Trasladadas dúas persoas tras un dobre accidente na AP-9 no Burgo

Dúas persoas tiveron que ser trasladadas ao centro hospitalario de referencia tras un dobre...

Inés Rey defende que a suba do alugueiro se “contén” na Coruña tras seis meses como zona tensionada

A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, reivindicou a existencia dunha "contención" do prezo do...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here