InicioCULTURAThe Champions Burger trae ao Peirao de Calvo Sotelo as mellores hamburguesas...

The Champions Burger trae ao Peirao de Calvo Sotelo as mellores hamburguesas do país

Publicada o

Por Ángela Precedo

A Coruña vibrou hoxe baixo o sabor e a expectación: presentouse oficialmente a segunda edición de The Champions Burger, o maior festival de hamburguesas de España que arrinca a súa xira por máis de 40 cidades e converte cada parada nunha experiencia gourmet sobre rodas. Con entrada gratuíta, o Peirao de Calvo Sotelo transformouse en escenario anfitrión ata o 24 de agosto, disposto a recibir a milleiros de ‘foodies‘ ansiosos por descubrir a mellor hamburguesa do país. A inauguración foi máis ca unha presentación: foi un preámbulo festivo cheo de aromas a carne, pan artesanal e especias, que anticipa dez días cheos de sabor, creatividade e competición.

Máis de 20 hamburgueserías do territorio nacional, entre elas a popular Carnivale –moi querida na Coruña, por ser a súa casa–, sacarán as súas armas culinarias para gañar o favor do público, que poderá votar a súa favorita mediante o ticket e código QR –o verdadeiro xuíz desta batalla gastronómica é a xente de a pé–. Ademais, hai que dicir que a ambientación non decepciona: inspirada na mítica ruta 66 estadounidense, a escenografía integra neóns, ‘food trucks‘ decoradas para a ocasión e música que promete trasladar ao comensal a unha viaxe visual e sensorial ao corazón de América.

Tamén gañou gran protagonismo a zona lúdica, na que os asistentes ao evento poder xogar unhas partidas de FIFA ou optar por máquinas de arcade retro, entre moitas outras opcións. Aínda que, dende logo, as hamburguesas seguen sendo o centro do festín: gourmet, orixinais, con opcións para dietas veganas e sen gluten, prezos accesibles –12,95 € a burger individual e menús completos por menos de 20 €– e coidadas caixas de presentación. Se buscas unha boa excusa para saír, rir e probar boa comida, este festival será máis ca un plan: será unha experiencia completa.

PARTICIPANTES

  • Gottan
  • Moflete
  • TEOX
  • Hades
  • Cheeck’s
  • Street Food
  • Muralla
  • Dako Burger
  • Moa
  • The Vicbros Burger
  • Soul
  • Godeo
  • Nola Smoke
  • Rico
  • Tarantín Chiflado
  • Tokio
  • Vacarnal Burger
  • Circo
  • Malasogra Burger
  • Custom Burger Shop
  • Carnivale Burger
@galicia_confidencial @TheChampionsBurger vuelve a A Coruña entre el 13 y el 24 de agosto. #galiciaconfidencial #thechampionsburger #coruña #burgers #hamburguesa ♬ sonido original – Galicia Confidencial

ÚLTIMAS

As traballadoras do SAF saíron á rúa na Coruña e Arteixo para esixir protocolos de seguridade

Pasaron xa 16 días dende o asasinato de Teresa, unha traballadora do Servizo de...

O Concello de Olerios denuncia graves incumprimentos do servizo de recollida do lixo do Consorcio das Mariñas

Graves acusacións as que lanza o alcalde de Oleiros ao presidente do Consorcio das...

O Concello da Coruña iniciará o plan de renovación dos centros cívicos en Labañou

O Concello da Coruña iniciará en Labañou o plan de renovación dos centros cívicos,...

A Coruña pide a concellos de arredor revisar as redes de auga ante un consumo “máis elevado”

A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, advertiu dun consumo "máis elevado" da auga en...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here