InicioECONOMÍAA hostalaría coruñesa seguirá mobilizándose durante todo o mes de setembro

A hostalaría coruñesa seguirá mobilizándose durante todo o mes de setembro

Publicada o

Por editor

Despois da resposta masiva acadada na concentración convocada pola Hostalería coruñesa realizada diante do Burguer Fest da Coruña, as organizacións sindicais CCOO, CIG e UGT anuncian a continuidade do calendario de mobilizacións para esixir un convenio digno na hostalaría da provincia de A Coruña.

As entidades sindicais e os traballadores e traballadoras da hostalaría convocan á cidadanía para participar activamente nas recollidas de sinaturas e na concentración do 26 de setembro en Santiago de Compostela, baixo o lema “Por un convenio digno na hostalaría”.

As organizacións sindicais lembran que “o éxito económico da hostalaría coruñesa non pode sosterse sobre a precariedade laboral. Se o sector medra en facturación e beneficios, é xusto e necesario que ese crecemento se traduza en melloras reais para as persoas que fan posible o seu funcionamento diario”.

Novas mobilizacións

Así, xa están confirmadas as seguintes accións:
● 4 e 5 de setembro – Recollida de sinaturas no Obelisco da Coruña, de 10:00 a 13:00 horas.
● 11 de setembro – Recollida de sinaturas na Praza do Toural, Santiago de Compostela, de 10:00 a 13:00 horas.
● 12 de setembro – Recollida de sinaturas na Praza Roxa, Santiago de Compostela, de 10:00 a 13:00 horas.
● 26 de setembro – Concentración na Praza do Toural, Santiago de Compostela, de 11:00 a 12:00 horas, coa entrega de panfletos á cidadanía.

Un sector con beneficios á alza e plantillas precarizadas

Os datos publicados recentemente amosan que a hostalaría da provincia da Coruña vive un verán de récords de ocupación e actividade:

● No mes de xullo acadouse un 88 % de ocupación hoteleira, tres puntos máis que no ano anterior.
● As terrazas e establecementos do centro rexistraron unha elevada afluencia, especialmente durante as festas, cun volume de negocio significativo.
● A patronal recoñeceu que as cifras de 2025 igualan ou superan ás de 2023, a pesar dalgunhas incidencias climatolóxicas e loxísticas.

Este incremento de facturación e beneficios contrasta coa realidade das persoas traballadoras: salarios que apenas superan o SMI, xornadas abusivas, falta de descansos e ameazas de recortar dereitos como o complemento por Incapacidade Temporal.

Máis novas

Concentración na Coruña por un convenio e salario “xusto” para a hostalaría

ÚLTIMAS

A Xunta ameaza con usar os fondos estatais de vivenda en proxectos propios se o concello non cede parcelas

A Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas amosou a súa disposición a entregar...

Encarna Rodríguez Barca, nova subdelegada do Goberno na Coruña

O delegado do Goberno en Galicia, Pedro Blanco, reuniuse este mércores coa nova subdelegada...

Hoxe arrinca a primeira semana chea de música, teatro, humor e artes visuais do Festigual

Arrinca hoxe en varias localizacións da cidade, a primeira semana do FESTIGUAL - Festival...

The Rapants e a Fundación Paideia triufaron nos Premios PALCO da Industria Musical Galega

Celebrouse onte na Sala Capitol de Compostela a entrega da segunda edición dos Premios...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here