InicioECONOMÍAMobilización en Abanca contra a represión sindical e pola readmisión de dúas...

Mobilización en Abanca contra a represión sindical e pola readmisión de dúas delegadas despedidas

Publicada o

Por Ubaldo Cerqueiro

Traballadores e traballadores de Abanca concentráronse este venres, unha vez máis, diante da oficina principal de Abanca na Coruña en rexeitamento á represión sindical e para reclamar a readmisión de dúas delegadas despedidas: unha delas membro do comité de Abanca en Pontevedra e outra membro do comité de Nueva Pescanova O Porriño (empresa da que a entidade financeira é a principal accionista).

Na concentración denunciouse que estes despedimentos forman parte da política de persecución e represión que Abanca esta a exercer contra a representación da CIG, tanto entre o seu persoal directo como naquelas empresas das que é accionista, “nun intento de acalar e amedrentar a nosa acción sindical”.

O secretario da sección sindical en Abanca, Clodomiro Montero, explicou que no último ano a CIG convocou unha folga nesta entidade para exixir melloras salariais, presentou catro conflitos colectivos na Audiencia Nacional (un deles de tutela por vulneración da liberdade de sindical) e  non asinou acordos en materia de xornada que empeoran as condicións laborais.

“A resposta de Abanca por defender os dereitos dos traballadores e das traballadoras é despedir a compañeira Montse despois dun proceso totalmente inquisitorio e rocambolesco, no que a acusan de facer acoso laboral a unha persoa que está nun posto superior, xustamente durante o período de preparación da folga”, apuntou.

ÚLTIMAS

A alcaldesa da Coruña insiste en pactar co BNG os orzamentos do 2027 e Avia Castro responde que non hai nada que dialogar

A alcaldesa da Coruña, a socialista Inés Rey, apelou ao diálogo co BNG para...

Trinidad Palacios (Sumar Coruña) aposta por recuperar “a ambición, a vangarda e o carácter progresista da Coruña”

Despois de presentar ao candidato de Podemos, esta fin de semana tocaba coñecer outra...

Tres voltas a María Pola polas Escolas Infantís

Máis de 300 persoas reuníronse este sábado en María Pita, para defender as Escolas...

Inés Rey apela ao Goberno central para evitar novos casos como o de Mari Carmen e critica a “inacción” da dereita

A alcaldesa da Coruña, a socialista Inés Rey, defendeu o “compromiso” do Goberno central...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here