InicioCULTURAMáis de 100 filmes independentes de 17 países forman o programa do...

Máis de 100 filmes independentes de 17 países forman o programa do Festival Intersección

Publicada o

Por editor

O festival Internacional Intersección da Coruña presentou hoxe a programación completa da súa oitava edición que se desenvolverá co apoio da Xunta do 26 de setembro ao 4 de outubro para ofrecer máis de 100 de películas independentes de 17 países e situarse como punto de encontro do cinema contemporáneo.

O festival acehga 17 filmes inéditos en España, incluíndo 7 estreas mundiais que o público descubrirá por primeira vez na cidade, en diferentes localizacións como os Cantones Cines, Filmoteca de Galicia, Fundación Luis Seoane e Palexco.

O director do festival Gonzalo E. Veloso, destacou que “Intersección converteuse nun espazo onde a creación galega dialoga cos nomes máis destacados do cinema internacional, atraendo á Coruña non só novas películas, senón tamén novos públicos e profesionais que reforzan o lugar da cidade no mapa cultural europeo”.

Cinema Galego

Se ben chegan filmes dende Finlandia ata Filipinas, pasando por Brasil, Austria, Francia ou Turquía, tamén hai produción propia. A Sección Galicia presenta unha panorámica ampla da creación audiovisual galega contemporánea, con once filmes que viaxan da memoria íntima á mitoloxía, da exploración ecolóxica ás identidades disidentes. Propostas que van desde a infancia retratada en Deuses de Pedra, de Iván Castiñeiras, ata a lenda medieval en Maldito Espírito, de Carlos Martínez-Peñalver, pasando pola experimentación poética de Canto rodado ou a reflexión ecolóxica de Alboroque, de Sabrina Fernández Casas.
A sección complétase cun formato expositivo que leva estas preocupacións fóra da sala, con instalacións que abordan cuestións como a relación natureza-industria, a memoria, a hibridación tecnolóxica ou a fisicidade da imaxe.

Punto de encontro para profesionais

O festival afiánzase como un importante punto de encontro para cineastas, produtoras e escolas de cinema de diversos países. É o caso de Nexus, o espazo da industria no festival, no que se enmarca o Intersección Lab. Con esta iniciativa, o festival coruñés ofrece titorías especializadas a creadoras e creadores galegos en fase de desenvolvemento. Este ano, os proxectos que gozan deste acompañamento son Antes de nada, de Sabela Eiriz; Cando as árbores choran, de Miguel Bouzas; GRISGRIS, de Raúl Capdevila Murillo; Lembrarás como bailabas, de Alba Gallego; Miñacora, de Eva Vaeli; Resonancias do escultor, de Uxía Caneda e Javier Darriba; Só o ruído, de Santos Díaz; SOS, de Nicolás Martínez, e Wólfram, de Sara Gil Méndez.

Podedes ver toda a programación na web do Festival.

Outras novas

A Semana do Cinema Galego pecha con máis de 300 espectadores diarios

ÚLTIMAS

O Gran Camiño percorreu á Coruña e subiu á Torre de Hércules

Enorme despregadura de medios a realizada este martes 14 de abril sobre todo arredor...

Os Concellos da Coruña e Oleiros atacan a Xunta pola sua irresponsabilidade no transporte metropolitano

Convocaba unha reunión esta mañá dirección xeral de Mobilidade da Xunta de Galicia e...

O loteiro que se apropiou dunha primitiva podía cobrala sen entregar o boleto

O presidente da Sociedade Estatal de Lotarías e Apostas do Estado (SELAE) en 2012,...

Os médicos galegos volven á folga para alcanzar un convenio propio

Despois do acordo chegado hai varias semanas na Atención Primaria tras varios meses de...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here