InicioM.AMBIENTE E PATRIMONIOXosé Manuel Barros de Mar de Fábula, recoñecido polo CIS Coruña

Xosé Manuel Barros de Mar de Fábula, recoñecido polo CIS Coruña

Publicada o

Por Ubaldo Cerqueiro

Este venres celebraba o Centro de Inserción (CIS) da Coruña o Día da Mercé, a data máis importante para as institucións penitenciarias. Un día para agradecer ao labor dos funcionarios que se xubilan este curso, e para recoñecer o compromiso de persoas que ennoblecen o traballo de inclusión do centro.

A única persoa recoñcida de fóra CIS foi Xosé Manuel Barros. A dirección do centro quixo agradecer, cunha Medalla, a implicación da alma da Asociación Mar de Fábula, que leva varios anos organizando unha pioneira actividade cos internos que cumplen a última part da súa condena no CIS.

“Comparto este recoñecemento COAS persoas residentes no CIS”, comezou agradecendo aos “verdadeiros protagonistas desta iniciativa de concienciación medioambiental e de limpeza activa do mar, que levan anos chamando a atención a esta sociedade dura e clasista na que están en proceso de inclusión”.

Xosé Manuel barros

Barros, visiblemente emocionado, a pesar da súa longa traxectoria como activista medioambiental tanto na Costa da Morte (Mar de Fábula ten a súa centro de operacións en Camelle) como na Coruña, recoñeceu que “a actividade Entre Crebas está a ser a máis emocionante de todas as accións que levamos realizado con Mar de Fábula en máis dunha década”.

Unha actividade que segue en marcha, e que este mesmo vindeiro mércores volverá convertir unha vintena de persoas privadas de liberdade en auténticos axentes do cambio de conciencia sobre o noso planeta.

A xornada, que contou coa participación do delegado do Goberno, Pedro Blanco, do novo subdelegado Julio Abalde e da subdegelada de Xunta na provincia Belén Docampo, remataba con vídeo que, baixo o título “Camiñando cara ao liberdade” recollía numerosas actividades, boa parte organizadas por entidades como a propia Mar de Fábula ou a Fundación Érguete.

 

ÚLTIMAS

Protestas do persoal de Eulen ante a Xunta

Traballadores de Eulen acodiron esta mañá a unha concentración diante do edificio administrativo da...

Arrincou a campaña electoral para as eleccións xerais do 29N

Comezou, coa tradicional pegada de carteis, a campaña electoral de cara ás eleccións xerais...

A delicada tesitura do Centro Ocupacional Pascual Veiga

Entre a Falperra e os Mallos, silencioso nun primeiro piso enriba dunha oficina de...

O FESTIGUAL enche a fin de semana de teatro inclusivo para toda a familia

Continúa en marcha o FESTIGUAL. O ciclo organizado pola Fundación Emalcsa e o Concello...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here