InicioMOV. SOCIAIS#OrgulloTerceiroSector, a nova campaña das entidades sociais para visibilizar o seu fundamental...

#OrgulloTerceiroSector, a nova campaña das entidades sociais para visibilizar o seu fundamental papel na sociedade

Publicada o

Por Ubaldo Cerqueiro

A realidade é que a meirande parte da sociedade non sabe nin o que significa o Terceiro Sector.

Por iso todas as organizacions non gubernamentais que se dedican a traballar polo ben social necesitan poñer en marcha a campaña #OrgulloTerceiroSector. Así o contan dende Rede Europea contra a Pobreza (European Anty Poberty Network, EAPN Galicia). Nestas semanas, as 35 entidades que forman a rede sacan peito do seu papel fundamental como axentes claves na transformación social e na defensa polos dereitos e igualdade das persoas máis vulnerables.

Pero falan tamén en clave económica, e da necesidade de seguir afondando na profesionalidade do terceiro sector, destacando que, aínda carecendo de ánimo de lucro, constitúe un xerador de riqueza (máis do 2% do PIB) e emprego (máis de 60.000 empregados en todo o estado).

Terceiro Sector: xerador de emprego e riqueza

As entidades que forman parte do Terceiro Sector de Acción Social son un axente máis do sistema de servizos sociais, de emprego, acceso a vivenda, sanidade, etc.

O “Barómetro del Tercer Sector de Acción Social, en España 2024” publicado pola Plataforma de ONG de Acción Social revelou que o Terceiro Sector move máis do 2% do PIB en España, traducidos en máis de 19 mil millóns de euros que ingresa anualmente este sector. Segundo este estudo, realizáronse 47 millóns de intervencións no ano 2023.
Asemade, o Terceiro Sector contribúe na xeración de emprego: neste último ano máis de 600.000 persoas estiveron empregadas e 1,4 millóns traballaron de forma voluntaria.

As entidades

Cómpre poñerlle nome a todas esas entidades que forman esa necesaria rede: Accem, Acción contra a Fame, Asemblea de Cooperación pola Paz, AGARESO (Asociación Galega de Comunicación para o Cambio Social), Arela, Asociación de Empresas de Inserción de Galicia – AEIGA, Asociación de Migrantes de Galicia – AMIGA, Asociación para a prevención e a educación social – APES, Axuda en Acción, Federación Autismo Galicia, Boa Vida Inclusión Activa, Cáritas Lugo, Cáritas Mondoñedo-Ferrol, Cáritas Ourense, Cáritas Tui-Vigo, CDR O Viso, CDR Portas Abertas, COGAMI, Dano Cerebral Galicia, Down Galicia, Fundación ECCA Social, Ecos do Sur, Emaús Galicia, Fundación Amaranta, Fundación Érguete Integración, Fundación Esplai, Federación Alzheimer Galicia – FAGAL, Hogar Sí, Fundación JuanSoñador, Fundación Meniños ,Fundación Ronsel, Fundación Secretariado Gitano, Igaxes, Médicos do Mundo, Movemento pola Paz, o Desarme e a Libertade (MPDL), ONG Mestura, Poten100mos, Provivienda e Saúde Mental FEAFES.

Máis novas

Acampa pola Paz fai un chamamento de urxencia a toda a sociedade para esixir o fin do xenocidio en Gaza

A Escola Coruña de Senegal xa ten paneles solares gracias á ONG Ecodesarrollo Gaia

A “movida” medioambiental de San Amaro que reinserta e conciencia

Institucións Penitenciarias recoñeceu o papel da Fundación Érguete polo Día da Mercé

ÚLTIMAS

Os Servizos Sociais da Coruña para as persoas sen fogar, un mar de segundas oportunidades

Moito se fala nos medios do inxente e magnífico traballo das entidades sociais da...

Sumar Coruña reclama responsabilidades políticas pola crise na Fundación Luis Seoane

Movemento Sumar Coruña manifesta o seu apoio total ao manifesto asinado por máis de...

LAMA ZETA rescatou o espírito do Mercado das flores de María Pita

A primeira edición do mercado LAMA ZETA tiña como obxectivo recuperar o espírito do...

Xurxo Souto lanza “A novela do Bravú”

Sae do prelo esta semana, pero Xurxo Souto xa algunha data de presentación do...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here