InicioDEPORTESA oposición pedirá no pleno transparencia arredor do Mundial 2030

A oposición pedirá no pleno transparencia arredor do Mundial 2030

Publicada o

Por Ubaldo Cerqueiro

Os dous grupos da oposición farán que o goberno municipal esclareza un pouco a escura situación sobre a que vive a cidade arredor do Mundial 2030. Ambos levarán varias preguntas ao pleno deste xoves 2 de outubro (ás 10:00) sobre o asunto, unha vez que non teñen recibido ningunha información sobre as negociacións que está realizando o grupo socialista, dende que, en decembro, a rexedora aseguraba que o Mundial está asegurado e que contaba con inversores privados.

O BNG

“Ten o Goberno Local algunha novidade para lle contar ás coruñesas e aos coruñeses en relación ao mundial 2030?”, así reza a pregunta oral que o noso concelleiro David Soto. “Que administracións van financiar o proxecto e cal vai ser o seu custo? Que prazos se manexan para licitar a ampliación de Riazor? Quen vai ser o operador privado que explote o estadio e para que fins? Vaise escoller nun concurso aberto?”; preguntará o edil do BNG.

“Queremos saber cal é o estado do proxecto para A Coruña ser sede do mundial 2030. Queremos saber se se chegou a algún acordo con algunha administración ou con algunha empresa. E facémolo porque o BNG non recibiu información por ningures. O Goberno Local está a actuar cunha absoluta falta de transparencia”, refire David Soto.

O PP

O Grupo Popular tamén presentou unha pregunta oral para o Pleno do xoves para saber cando ten previsto o Goberno municipal licitar o contrato para redactar o proxecto da reforma de Riazor para adecualo ás necesidades da candidatura do Mundial 2030, porque entenden “todo vai con demasiado atraso”.

”A cidade ten todas os vimbios para ser sede do Mundial, pero a inacción do Goberno municipal é alarmante. Presentamos unha pregunta oral sobre cando van licitar o proxecto, que aínda habería que redactar como paso previo a licitar as obras”.

Critican ademais a “alarmante falta de transparencia respecto a todo o que rodea á candidatura: ninguén sabe nin o custo final da reforma nin os prazos de execución –nin o RC Deportivo, principal afectado polas obras, nin a oposición municipal-, nin de como vai ser porque varían o aforo continuamente e tampouco hai noticias sobre as fontes de financiamento privadas e públicas”.

Máis novas

Inés Rey asegura que a cidade non periga “en absoluto” como sede do Mundial 2030

ÚLTIMAS

BNG e PP urxen ao goberno local da Coruña explicacións e medidas polo remanente negativo en 2025

A filtración dun informe do Interventor sobre a Liquidación de 2025 do Concello da...

Xa hai cinco finalistas para deseñar a fachada marítima a pesar das continuas críticas ás bases

O proceso de licitación do Máster Plan de Coruña Marítima avanza cara á transformación...

A Xunta volve lavar as mans e pon sobre o tellado do Concello a conservación dos murais de Lugrís da rúa Olmos

É especialista a Xunta en descargar problemas na administración local. Cando falamos do “Conxunto...

A Deputación da Coruña e o Concello de Arteixo formalizan a entrega do novo parque de bombeiros de Morás

O presidente da Deputación da Coruña e máximo responsable do Consorcio Contraincendios da Coruña,...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here