A Universidade de Stanford, en Estados Unidos, publicou o seu ranking ‘A World’s Top 2 % Scientist List’ no que inclúe a 26 persoas que forman parte do Persoal Docente e Investigador (PDI) da Universidade da Coruña (UDC). Segundo explica a institución académica, esta listaxe identifica ao 2 % dos científicos máis influentes do mundo en todas as áreas de coñecemento. Esta clasificación é analizada por persoal investigador a nivel internacional a través da base de datos Scopus, proporcionada pola editorial Elsevier, que ordena en campos e subcampos científicos.
A ‘World’s Top 2 % Scientist List’ xera dúas clasificacións. Unha inclúe toda a traxectoria do persoal investigador, e a outra, referida ao último ano de resultados. Na primeira delas, a UDC conta con 18 persoas investigadoras, onde as disciplinas que contan con maior representación son a Química e as TIC, seguidas do Medicina Clínica e a Investigación Biomédica, as Tecnoloxías Habilitadoras e Estratéxicas, e tamén as Ciencias Sociais. En canto ao segundo listado tamén son 18 os expertos incluídos, algúns deles repiten ranking. As áreas máis representadas aquí son o Medicina Clínica e as TIC, seguidas da Investigación Biomédica, a Química, as Tecnoloxías Habilitadoras e Estratéxicas, a Bioloxía, a Enxeñaría e a Economía e Empresas.