InicioOLEIROSAs familias do CEIP Valle Inclán volveron saír á rúa para esixir...

As familias do CEIP Valle Inclán volveron saír á rúa para esixir máis mestres: “Sen profes, non hai escola”

Publicada o

Por Ubaldo Cerqueiro

Trala concentración do pasado 29 de setembro, nada cambiou aínda no CEIP Valle Inclán de Oleiros. Por iso a comunidade educativa segue en loita para conseguir que a falta de profesorado non afecte gravemente ao funcionamento do centro e á calidade educativa.

Ao son de arengas como “A pública non se vende, a pública deféndese” ou “Sen profes, non hai escola”, as familias da ANPA Valle Inclán volveron mobilizarse ás portas do centro este luns 6 de outubro.

Lembraron que xa presentaron un escrito por rexistro á Inspección Educativa o pasado 19 de setembro, ante o que seguen sen resposta oficial. “O Inspector recoñeceu nunha recente reunión que se trata dun problema xeralizado derivado de decisións políticas, que reduce horas lectivas sen aumentar o persoal”. Ademais, constataron que “o uso do profesorado do programa MEGA para cubrir titorías —en lugar de reforzos educativos— desvirtúa o obxectivo do proxecto financiado pola UE”.

Esta falta de profesorado está a obrigar a reducir proxectos educativos emblemáticos e afecta tamén á atención ao alumnado con NEAE, á seguridade e á organización xeral do centro.

Por todo isto, a ANPA esixe unha resposta urxente da Consellería de Educación e medidas reais que garantan un ensino público de calidade.

 

View this post on Instagram

 

A post shared by Xornal da Coruña (@xornaldacoruna)

Máis novas sobre os recortes no ensino

As familia do CEIP Valle-Inclán de Oleiros saen á rúa: “Neste centro, faltan mestres!”

A Consellería négase a desdobrar dúas aulas masificadas nos CEIP María Barbeito e Cerviño e CEIP Alborada

A ANPA do CEIP Concepción Arenal traslada as queixas pola redución do profesorado de apoio

Outras novas das ANPAS

ANPA As Pedreiras: “Collo vacacións en setembro para poder resolver o comezo de curso”

ANPA Sardiñeira: “Por que teño que xestionar eu todo isto?”

ANPA Faro: “As administracións deberían facerse cargo da educación de 7.30 a 16.30h”

ANPA RASA: “Os centros públicos están privatizados case durante media xornada lectiva”

ANPA Monte Vixía: “É complicado estar ao tanto de solicitudes, ofertas, orzamentos… sendo pouc@s e voluntari@s”

ANPA Avantar: “Non debería recaer nas ANPAS a responsabilidade do comedor”

 

ÚLTIMAS

Recuperados vídeos da histórica manifestación pola capitalidade da Coruña

A Filmoteca de Galicia está a documentar centos de horas de vídeos de acontecementos...

A CUAC FM celebra os seus 30 anos con 500 programas e un completo programa de actos

30 anos en antena. Non moitas cadeas de radio poden dicir o mesmo, pero...

Éxito de asistencia ás exposicións do Viñetas desde o Atlántico 2025

Máis de 50.000 persoas pasaron polas exposicións do Salón do Cómic 'Viñetas desde o...

A Coruña celebra os 150 anos da chegada do ferrocarril á cidade

O Concello da Coruña, a través do Instituto José Cornide de Estudos Coruñeses, conmemorará...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here