InicioBARRIOSANPA Faro: "As administracións deberían facerse cargo da educación de 7.30 a...

ANPA Faro: “As administracións deberían facerse cargo da educación de 7.30 a 16.30h”

Publicada o

Por Ubaldo Cerqueiro

Continuamos a serie de entrevistas coas Asociacións de Nais e Pais dos centros educativos da nosa cidade, para poñer en valor o seu traballo voluntario, pero tamén para denunciar a orfandade na que se atopan para xestionar elementos tan fundamentais na conciliación como son os servizos de madrugadores, comedor e extraescolares.

Porque como lembramos nestas conversas, o horario oficial que asume o sistema público de ensino é de 9:00h a 14:00. Que clase de conciliación podemos facer as familias que traballamos con 5 horas de atención educativa?
É aí onde teñen que aparecer as familias, a comunidade escolar, cun traballo na sombra, para conseguir un horario de conciliación de 8:00h a 18:00h, tirando moitas veces de empresas, e provocando así unha privatización encuberta do ensino público:

Xa visitamos o barrio de Monelos, para falar coas familias do CEIP Salgado Torres; estivemos en Monte Alto conversando coa comunidade escolar do CEIP Torre de Hércules, e tivemos unha máis que interesante entrevista coa ANPA Rasa do CEIP Ramón de la Sagra, en Monelos.
Hoxe voltamos a Monte Alto, para falar co ANPA Faro do CEIP Víctor López Seoane. Unha ANPA moi activa ademais nas redes, protestando polas carencias do seu centro, e mesmo participando, coas outras ANPAS do barrio, na petición aos grupos municipas dunha pista multideporte no barrio:

 

  • Pensades que vos corresponden ás competencias de organización de comedor e actividades extraescolares?

Pensamos que dende as 7.00h ou 7.30 ata as 15.00 ou 16.30h debería facerse cargo o estado e organizalo dende o propio colexio posto que para nós é un horario de escolarización-conciliación. Cremos que (polo menos no caso do noso colexio) se o colexio non tivese esta opción de comedor e madrugadores as liñas de clase veríanse disminuídas de xeito notable implicando iso un sobrante de medios materiais e humanos, sendo un prexuizo para o propio colexio.

 

  • Cales son os cambios principais que proporíades ao respecto?

Consideramos que é a nosa obriga como Anpa a súa xestión. Pero na nosa andadura topamos con situacións que nos fan sentir un obxecto para facer recaer a responsabilidade de organizar as mesmas.
No caso noso, que o colexio non organice nin xestione comedor e extraescolares, gustaríanos que se nos recoñecera como parte fundamental do colexio e con capacidade de decisión igual á da directiva do centro, no que na parte non lectiva se refire. Cremos necesario que as Anpas se doten da autonomía para a toma de decisións que estas situacións requiren: eleccións de espazos, recursos e materiais entre outros. Agora mesmo estas situacións precisan da nosa solicitude e aprobación dende a directiva do centro (tendo en conta que as Anpas só queremos facer ás xestións necesarias para o desenvolvemento das actividades extraescolares fóra do horario académico.

 

  • Cales dirías que son os problemas máis fundamentais aos que se enfronta unha ANPA?

Como Anpa tentamos e tentaremos sempre o mellor para o alumnado do colexio pero encontrámonos con moitas trabas para realizar este traballo xa que dende a Concellería e da directiva do colexio tentan involucrarse o mínimo posible no que as necesidades deses alumnos/as en horario de comedor/madrugadores e extraescolares se refire facendo que o noso traballo como Anpa sexa tedioso e moitas veces frustrante.

 

  • Canta xente diríades que se implica na organización dos servizos da ANPA maís alá da Xunta Directiva?

Somos 11 na Directiva e vocais. Repartidos en comisión de comedor, comisión de extraescolares, comisión de eventos , enlace ca dirección do cole, encargad@ do blogue+clasificación de correos, encargad@ das altas e baixas de socios, presidenta, vicepresidenta, secretaria e tesoreir@.

Máis novas

ANPA Avantar: “Non debería recaer nas ANPAS a responsabilidade do comedor”

ANPA Avantar: “Non debería recaer nas ANPAS a responsabilidade do comedor”

ANPA Avantar: “Non debería recaer nas ANPAS a responsabilidade do comedor”

 

ÚLTIMAS

Nova protesta das mariscadoras da ría do Burgo para pedir solucións mentres non poidan faenar

Mariscadores e mariscadoras da ría do Burgo secundaron este venres unha nova concentración, ante...

Atopan mortas en menos de media hora a dúas persoas de idade avanzada na Coruña

Dúas persoas de idade avanzada foron localizadas mortas nos seus domicilios en menos de...

Dous detidos na desarticulación dun punto de venda de cocaína e haxix nun piso de Arteixo

Dúas persoas foron detidas na desarticulación por parte da Garda Civil dun punto de...

Enrique Tenreiro, o escultor que pintou na tumba de Franco, abandona o seu peche no escaparate da rúa San Andrés

O escultor coruñés Enrique Tenreiro, que pintou en outubro de 2018 unha pomba na...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here