InicioDEPORTESUnha limpeza da praia de Riazor polo ascenso do Dépor 

Unha limpeza da praia de Riazor polo ascenso do Dépor 

Publicada o

Por Redacción

Unir fútbol e medioambiente é tan posible como o demostrou esta mañá de sábado o colectivo Arena Limpia. Izan Voluntario convocou unha vintena de persoas para esta ornada de limpeza ambiental na praia de Riazor, na Coruña, nunha acción simbólica dedicada ao Deportivo da Coruña e ao compromiso da cidadanía co coidado do medio ambiente.

Entre todas as persoas volutnarias, retiraron 40 quilos de residuos do areal e os seus arredores, contribuíndo á conservación dun dos espazos máis emblemáticos da cidade.

Tras a limpeza, os asistentes desfrutaron dunha comida grazas á colaboración de Perritos Locos e Pizzas Pepe, empresas que apoiaron a acción benéfica proporcionando comida para todos os voluntarios. Arenalimpia tamén quixo agradecer a ManosCreative e Tloarreglo o seu apoio e colaboración, fundamental para o desenvolvemento desta iniciativa.

Máis novas

 

ÚLTIMAS

O Festival Manicómicos arrincou as primeiras risas da finde

Arrincou este xoves a 25ª edición do Festival Manicómicos. Como o ano pasado, a...

Inés Rey reivindica a posta a disposición de vivendas públicas todos os demandantes

A alcadesa da Coruña, Inés Rey, reivindicou a posta a disposición do parque público...

Unha liorta cunha orella amputada en Culleredo acaba con tres persoas detidas

Garda Civil e Policía local do municipio coruñés de Culleredo, en colaboración coa Ertzaintza,...

As peñas demostran a fractura aberta no deportivismo

Está dividido o deportivismo. Así se demostrou este xoves na manifestación convocada pola Federación...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here