InicioBARRIOSMobi-Liza e Recyclos manterán a súas actividades nas anteriores instalacións de ...

Mobi-Liza e Recyclos manterán a súas actividades nas anteriores instalacións de Padre Rubinos

Publicada o

Por Ubaldo Cerqueiro

Fálase nos últimos tempos da posible rehabilitación dos antigos edificios da Real Institución Benéfico Social Padre Rubinos. Unha custosa operación que requirirá dun tempo e moito esforzo en converterse en realidade. E mentres, procúrase aproveitar o espazo para desenvolver actividades sociais.

É o caso da Asoc. Mobi-Liza, e do Taller Social Recyclos, que levan traballando para mellorar a mobilidade da nosa cidade dende hai casi duas décadas. Por exemplo, a través da integradora Escola da Bici, que permite, nun ambiente seguro, aprender a circular pola cidade a persoas de todas as idades.

O segundo, o taller social Recyclos apréndelle ás xentes con menos recursos da cidade (ou a calquera) a reparar a súa bici ou mesmo a montar unha completa dándolle unha nova vida a compoñentes destinados inicialmente á chatarra.

De feito, a colaboración de Recyclos con Padre Rubinos vén de lonxe, aínda que dun xeito non formal. Cando Recyclos facía uso dun espazo cedido no establecemento Forum Própolis, na rúa Barcelona, gracias á solidariedade do eterno Nicanor Acosta, xa eran moitos os usuarios de Padre Rubinos os que se achegaban para conseguir un medio de transporte gratuito e sostible. Nesa época se lle propuxo a Padre Rubinos darlle asistencia para ter un taller propio nas súas instalacións. Cando o local de Própolis tivo que pechar, xurdiu a posibilidade de empregar un espazo nas instalacións dispoñibles da anterior sede da Institución. Un interesantísimo recurso para a Escola da Bici é poder facer uso do patio pechado para desenvolver as primeiras sesións en boas condicións de seguridade e funcionalidade.

Taller Reciclos en Padre Rubinos vello 2
Así funciona o Taller Recyclos

Continuidade

Nas últimas semanas, a directiva de Mobi-Liza e a presidencia da RIBS Padre Rubinos estiveron tratando a continuidade nas instalacións, chegando ao acordo de manter o convenio actual de cesion de uso gratuito, polo que a primeira desexa manifestar publicamente o agradecemento á xenerosidade da Institución.

I é que en realidade, as dúas entidades reman na mesma dirección: axudar a quen máis o necesita.
Esta colaboración de Padre Rubinos supón un importante impulso ao traballo que fan estas persoas amantes das dúas rodas e da mobilidade sostible, Recyclos e a Escola da Bici seguirán no antigo Padre Rubinos, polo menos ata que a entidade consiga afrontar a rehabilitación dos edificios. E mesmo sería moi interesante a continuidade das actividades nun espazo das futuras instalacións.

A sociedade agradece a labor das dúas entidades.

Máis novas

Abertas as inscricións para os novos cursos da Escola da Bici

Reciclos, o taller social de Mobi-Liza que segue espallando a cultura da bici

ÚLTIMAS

Nova xornada de folga no metal da Coruña mentres a patronal propón retomar o diálogo

O conflito laboral no sector do metal da Coruña segue sumando capítulos. O persoal...

A ANPA do CEIP de Prácticas volve mobilizarse ante o desleixo e abandono da Xunta

"Xa non aturamos máis". Así comeza o novo comunicado a familia da ANPA do...

Preto de mil persoas integrarán o dispositivo de limpeza e seguridade de San Xoán na Coruña

Preto de mil persoas traballarán nos dispositivos especiais de limpeza e seguridade durante a...

Os novos nenos do ascenso: a esperanza é branquiazul

Quen escribe esta achega tiña 10 anos o 9 de xuño de 1991. Nesa...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here