InicioBARRIOSReciclos, o taller social de Mobi-Liza que segue espallando a cultura da...

Reciclos, o taller social de Mobi-Liza que segue espallando a cultura da bici

Publicada o

Por Ubaldo Cerqueiro

Cada martes e mércores, de 17:30h a 21:00h, unha marea de amantes das dúas rodas achéganse ao edificio do antigo Padre Rubinos coas súas bicis. A Asociación Mobi-Liza consegue manter vivo o taller social de bicis máis incrible da cidade. Vari@s voluntari@s axudan ás máis de 50 persoas, de todo o planeta, que cada semana levan os seus vehículos a arranxar ao taller situado nos baixos do edificio do antigo Padre Rubinos.

Hai quen coñece o Reciclos dende os seus comezos, no soto da libraría Própolis, do activo cura roxo Nicanor Acosta, e pasa cada certo tempo a poñer a punto as súas máquinas. Outros, recén chegados, buscan un cadro vello, pero molón, e se formulan, coa axuda dos mecánic@s voluntari@s, crear a súa propia bici.

O caso é ofrecer unha espazo dende o que se fomente o uso da bici como un verdadeiro vehículo, creando esa cultura da bici que tanta falta fai na cidade, e no que tanto ten mellorado nas dúas últimas décadas.

Temos falado tamén da súa máis que necesaria Escola da Bici, que axuda a perder o medo a mergullarse na selva do tráfico herculino.

Máis novas

O Taller Reciclos, o paraíso social para os amantes das dúas rodas

A Escola da Bici de Mobiliza ou como perder o medo a circular pola cidade

ÚLTIMAS

Tony Hadley levará os grandes éxitos dos oitenta á praza de María Pita

As Noites de María Pita despediranse este domingo, 16 de agosto, cun dos concertos...

O PSdeG reclama revisar o reparto da cota de sardiña

O secretario de Pesca do PSdeG provincial da Coruña, Walter Pardo, enviou unha carta...

A Batalla Naval lembrou a resistencia herculina ante o asedio ingles de 1589

Cheo ata a bandeira no paseo marítimo, e mesmo nas praias de Riazor, Orzán...

A Gaiteira rendeu homenaxe a Cañita Brava

Emotiva a homenaxe que as Festas da Gaiteira quixeron render este venres a Cañita...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here