InicioBARRIOSANPA Sardiñeira: “Por que teño que xestionar eu todo isto?”

ANPA Sardiñeira: “Por que teño que xestionar eu todo isto?”

Publicada o

Por Ubaldo Cerqueiro

Continuamos a serie de entrevistas coas Asociacións de Nais e Pais dos centros educativos da nosa cidade, para poñer en valor o seu traballo voluntario, pero tamén para denunciar a orfandade na que se atopan para xestionar elementos tan fundamentais na conciliación como son os servizos de madrugadores, comedor e extraescolares.

Porque como lembramos nestas conversas, o horario oficial no que o sistema público de ensino asume o coidado das nosas crianzas é de 9:00h a 14:00h. Que clase de conciliación podemos facer as familias que traballamos con 5 horas de atención educativa?
É aí onde teñen que aparecer as familias, a comunidade escolar, cun traballo na sombra, para conseguir un horario de conciliación de 8:00h a 18:00h, tirando moitas veces de empresas, e provocando así unha privatización encuberta do ensino público.

Xa visitamos o barrio de Monelos, para falar coas familias do CEIP Salgado Torres; estivemos en Monte Alto conversando coa comunidade escolar do CEIP Torre de Hércules emais coa ANPA Faro do Víctor López Seoane; e tamén tivemos unha máis que interesante entrevista coa ANPA Rasa do CEIP Ramón de la Sagra, en Monelos.

Hoxe imos ata Os Mallos, para falar coas familias da ANPA Sardiñeira do CEIP José Cornide Saavedra, e facémolo coa actual presidenta á forza Susana López Mera, que antes da primeira pregunta xa nos lanza un crú “estou quedamísima”, que demostra perfectamente a frustración das persoas que representan ás familias nas comunidades escolares.

  • Pensades que vos corresponden ás competencias de organización de comedor e actividades extraescolares?

Eu estou moi enfadada. Porque é verdade que estou moi contenta co cole, cos mestres, coa xestión do centro… porque somos un cole moi pequeno, case unha Unitaria. Pero o que non vexo é que os pais teñamos que xestionar madrugadores, comedor e extraecolares.

Temos demasiadas cousas. Por exemplo, no noso cole temos nenos doutros países, e temos que estar nós xestionando coas familias a través do whastapp calquera circunstancia. Familias que non son socias da ANPA e que van igual ao Comedor, e temos que estar detrás delas…

Por exemplo, chegan as 15:00h da tarde e non hai apoio. Que facemos? Temos nen@s con diversidade que, por exemplo, necesitan unha persoa de apoio nas Extraescolares. Que facemos entón? Fágolle pagar a esa familia o profe de apoio? Ou reparto entre todas as familias? Igual hai outras familias que familias me dirán por que teñen que pagar elas un profe que non necesitan e mesmo igual algunhas se marchan da actividade…

Por que teño que estar eu, no meu tempo libre, tratando todas estas cousas? Creo que debería ser a Xunta coa matricula a que xestione todo isto.

 

  • Que outras problemáticas vos atopades?

Pois outro asunto é o das prazas mínimas para as actividades “públicas” que ofrece a Federación de ANPAS. Están moi ben, e son baratas, pero din que para que sexan educativas ten que haber un mínimo, e por ciclos, é dicir, ten que haber 10 nenos entre os 3 cursos de Infantil, ou entre 1º, 2º e 3º de Primaria e 4º, 5º, e 6º. Pero nós somos un cole moi pequeno. Se este ano entraron 6 nenos de 3 anos, teño 8 en 4, e outros 4 en 5, como vou xuntar 10 para sacar unha extraescolar? E aí chamas á Federación e non hai solucións…

 

  • Que tal co Comedor? Non é un proceso de privatización o feito de termos que contratar empresas para o catering?

No Comedor temos moi boa sintonía coas traballadoras de Jardanay, no noso caso, teñen moito man esquerda. Ao mellor outro comedor podería estar mellor, pero sempre que fixen queixa como ANPA sempre me contestaron ben, e intentaron solucións. Pero vaia, que si que é unha privatización dun servizo público, e non pode ser que coles como o María Barbeito quede sen un turno…

 

      • Nun cole tan pequeno, será difícil sacar o servizo de madrugadores?

Pois este é o segundo ano que o ofrecemos, pero porque cremos que é un servizo necesario, pero ao ser tan poucos é difícil facelo sostible. Temos unha subvención para o comedor, e con esa subvención, votamos que en lugar de devolver a parte proporcional ás familias, financiamos o servizo de madrugadores. E igual non toda a xente o necesita todo o curso, pero si de xeito puntual, si que se necesita. Por agora non é autofinanciable, hai 4 nenos, pero considero que deberia ser un servizo “obrigatorio” nos colexios públicos.

 

      • Como son as relacións da vosa ANPA coas administracións?

Cero, non coñezo ningunha canle de comunicación. Non teño maneira como pai ou nai, ou como ANPA, para falar con Inspección. Non sei onde preguntar ademais.

 

      • Como ves a implicación da comunidade familiar na organización da ANPA?

Pois somos 5 na directiva, pero ao final a presidenta asume a meirande parte das responsabilidades, e sobre todo os marróns… E eu, que me metín Presidenta porque ninguén quería meterse, e cando a anterior ANPA dixo que marchaba e lanzou a alarma de que quedábamos sen comedor. Xa fago encaixe de bolillos para recoller o neno, pero salgo ás 15:00h, e non podo ir antes polo que tiven que meterme para asegurar que non se quitaba o servizo.
E cando cheguei, botei un discurso super lacrimóxeno, e só conseguín dúas novas para cubrir o mínimo da Directiva.

Pero en xeral vexo pasotismo entre as familias. Fas consultas e contestan 10 de 80, e logo se queixan. Pedimos campamento de verán, e ao final apuntáronse 2… é moi complicado, ningún pai quere entrar na ANPA.

 

      • E por que cres que a xente non quere meterse?

Porque ven que hai que traballar moito. Eu aínda vou a ir o sábado 25, no meu tempo linre, a unha xornada formativa da Federación de ANPAS sobre xestión das ANPAS…

 

Máis novas sobre as ANPAS

ANPA Avantar: “Non debería recaer nas ANPAS a responsabilidade do comedor”

ANPA Avantar: “Non debería recaer nas ANPAS a responsabilidade do comedor”

ANPA Avantar: “Non debería recaer nas ANPAS a responsabilidade do comedor”

ANPA Avantar: “Non debería recaer nas ANPAS a responsabilidade do comedor”

ÚLTIMAS

A Fundación Érguete, Agalure, AFACO e a Fundación Mulleres, os premios socias da Deputación

Noite de gala social no Palexco este pasado venres coa entrega dos premios anuais...

Grandes retencións nos accesos á Coruña por unha protesta dos mariscadores da ría do Burgo

Mariscadores e mariscadoras da ría do Burgo secundaron este venres unha nova mobilización e cortaron...

‘Os do Fondo da Barra’ pecharán o día 30 o ciclo ‘Folk no Colón’

'Os do Fondo da Barra' pecharán na Coruña o ciclo 'Folk no Colón', presentando...

Peche dos parques e xardíns polo vento

O Concello da Coruña ordenou o peche dos parques e xardíns da cidade durante a tarde deste...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here