InicioMOV. SOCIAISA ANPA do CEIP Valle Inclán convocan a toda a veciñanza a...

A ANPA do CEIP Valle Inclán convocan a toda a veciñanza a unha manifestación contra os recortes en Santa Cristina

Publicada o

Por Ubaldo Cerqueiro
  • O veciño CEIP Juana de Vega, tamén en loita.

— — —

Seguen en loita as familias do CEIP Valle Inclán para conseguir os mestres suficientes que permitan desenvolver un curso con dignidade. Despois de varias concentracións ás portas do colexio, a comunidade escolar expande a súa loita e trata de implicar a toda a cidadanía na defensa dun ensino público de calidade.

Así, convoca a todo Oleiros a unha andaina reivindicativa polo ensino público de calidade, que terá lugar este domingo 12 de outubro ás 12:00 h, con saída do Monumento aos Avós (Parque José Martí), paso pola rotonda do Che e chegada ao CEIP Ramón María del Valle Inclán. 

Reiteran que no centro faltan mestres, e que este é o momento de facerlle entender á Xunta que se está “poñendo en risco unha educación inclusiva e de calidade, con perda de días lectivos e impacto na atención á diversidade, no reforzo nas aulas e nos proxectos didácticos (biblioteca, sección bilingüe, informática, robótica, horto, excursións, etc.)”.

Invitan ás familias de levar ás crianzas disfrazadas de superheroes, con mensaxes reivindicativas como “Sen mestres, nin os superherois poden voar” ou “Superheroe si, pero necesito reforzos”, para converter a marcha nunha “celebración colectiva pola defensa do ensino público e pola unión da nosa comunidade educativa”.

A andaina conta co apoio do Concello de Oleiros, que “manifesta abertamente o seu total apoio ás reivindicacións das ANPA do municipio a respecto da consecución de mellores servizos educativos púbicos e de calidade para todos os nenos e nenas”.

Loita tamén no cole de Perillo

A cousa non está mellor no CEIP Juana de Vega, de Perillo. A AFA Nós Oleiros segue en loita denunciando que “sen mestres non hai ensino”, e “Sen recursos non hai inclusión”, polo que piden tamén participar na manifestación despois de protagonizar unha folga o pasado 25 de setembro.

 

View this post on Instagram

 

A post shared by AFA Nós Oleiros (@afanosoleiros)

Máis novas

As familias do CEIP Valle Inclán volveron saír á rúa para esixir máis mestres: “Sen profes, non hai escola”

As familia do CEIP Valle-Inclán de Oleiros saen á rúa: “Neste centro, faltan mestres!”

Outras novas das ANPAS

ÚLTIMAS

“JEVASO rouba dereitos”. Folga nun dos grandes proveedores de Inditex

Púxose en folga o persoal de Jevaso, un dos xigantes textís que abastece a...

Outra “xogada estupenda” do PP

O Tribunal Supremo condena ao Fiscal Xeral do Estado Álvaro García Ortiz. ...

Redes recicladas e feitas polos internos do CIS para os goles do CEE Aspronaga

Xornadas de inclusión integral as que xeran habitualmente dous dos colectivos sociais máis activos...

A programación do Nadal da Coruña incluirá máis de 300 eventos a partir deste venres

A programación do Nadal da Coruña comeza este venres, día 28, co aceso por...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here