InicioA CORUÑAA orixe e a proximidade como as razóns do éxito de 5...

A orixe e a proximidade como as razóns do éxito de 5 marcas galegas de tradición familiar

Publicada o

Por editor

Cafés Candelas, Corporación HIjos de Rivera, ITG, Krack e Russula. Son 5 marcas galegas que teñen en común varias cousas: teñen unha profunda intrahistoria de tradición familiar e de relevo xeracional; e todas triunfan nos seus sectores. Unha xornada que afonda na idea de que a orixe, historia e proximidade dos negocios outorgan un valor moi relevante e diferenciado ás empresas do país.

Representantes das entidades debullaron onte as súas “Historias de éxito” nun evento organizado promovido polo estudo de deseño coruñés Costa no Club Cámara Noroeste coa intención de abordar o valor estratéxico, real e tanxible que desempeñan as marcas no desenvolvemento empresarial.
Un evento que forma parte das presentacións itinerantes do informe BrandPulse 2024 por España que organiza a Asociación Española de Branding (AEBRAND), o Foro de Marcas Renombradas Españolas (FMRE) e Costa coa colaboración da consultora GfK-An NIQ Company e o impulso do Club Cámara Noroeste.

20251009 Jornada BrandPulse en A Coruña © Bastian Rodríguez 12

A idea era a de reflexionar sobre o papel das marcas. Ramón de Meer, director de márketing Iberia da Corporación Hijos de Rivera; Félix Rodríguez, responsable de comunicación e márketing de ITG; e Marina Chiavegatto, manager de comunicación de Russula, debateron sobre a creación e a evolución de cada marca. “A marca de fluir de dentro cara fóra”, suxeriu Chiavegatto. De aí que, as referencias á orixe (nestes casos, Galicia) son un elemento estratéxico para alcanzar este obxectivo, como tamén o é implicar ao persoal da compañía, ademais de ter claro “cal é o propósito e proxectalo”, explicou Félix Rodríguez.

Noutra mesa redonda, titulada “Marca e familia”, participaron representantes de AGEF (Margarita Hermo, directora), Cafés Candeas (Ramón Alonso, xerente) e Krack (Marcelo Toural, CEO). Aquí o foco sobre a ampla presenza deste tipo de negocios en Galicia: o 94% das compañías de capital galego e, por tanto, as súas marcas, son empresas familiares, un comportamento diferenciador con respecto a outros mercados.

ÚLTIMAS

Izan e unha marea de voluntari@s retirou 150 kg de lixo da area de Riazor

Tivo lugar este sábado unha limpeza simultánea en areais de toda Galicia. Unha xornada...

Dous exalcaldes do PP de Miño, a xuízo por prorrogar contratos a pesar de informes negativos do interventor

A Audiencia Provincial da Coruña acolle a próxima semana o xuízo contra os exalcaldes...

A Xunta activa para este luns a alerta laranxa por temporal costeiro no litoral da Coruña

A Xunta activou para este luns, 12 de xaneiro, a alerta laranxa por temporal...

Detido un home nas Paxareiras por quebrantar unha orde de afastamento e desobedecer á autoridade

A Policía Nacional da Coruña detivo esta pasada madrugada do sábado ao domingo a...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here