InicioBARRIOSAs praceiras volverán ao Mercado de Monte Alto a segunda quincena de...

As praceiras volverán ao Mercado de Monte Alto a segunda quincena de decembro

Publicada o

Por Ubaldo Cerqueiro

Anunciou onte o voceiro do Goberno municipal, José Manuel Lage, no longo pleno celebrado no Pazo de María Pita. Como xa apuntara o encontro do barrio do pasado mes, o novo mercado de Monte Alto abrirás as súas portas antes de que remate o 2025. Asegurou que as praceiras e praceiros volverán concretamente a segunda quincena de mes, despois de case 3 anos de exilio na potente carpa instalada na Praza de Indalecio Prieto.

Se ben o prazo de execución inicial era de 26 meses dende decembro de 2022 (debería terse rematado en xaneiro), a obra comezou máis tarde do previsto e o Concello xa leva máis dun ano avisando que estaría antes do remate de 2025.

Agora, as praceiras contan os días para estrear as novas instalacións, despois dun investimento de algo máis de 10 millóns de euros —cofinanciados con fondos PIREP—.

Se ben o PP asegura que a obra foi reducindo custes e hai elementos que se eliminaron do proxecto inicial, as praceiras agardan volver ao seu espazo habitual e recuperar á clientela de sempre.

Parte sur do Mercado de Monte Alto
Parte sur do Mercado de Monte Alto na mañá de hoxe

O Gadis, en 6 meses

En paralelo a esta última fase de traballos no edificio do mercado municipal, está previsto que a vindeira semana comecen as obras de adecuación que executará a empresa concesionaria do supermercado nos baixos inferiores que ocupará fronte á rúa Forcarei. A previsión é que esta intervención específica na futura superficie comercial dure seis meses.

O alumnado da escola infantil volverá á instalación o curso que vén

Ademais, as obras de rehabilitación e ampliación das dependencias da escola infantil municipal de Monte Alto, tamén estarán rematados nas mesmas datas. A este respecto, e atendendo a propia solicitude do equipo de profesionais da escola, as nenas e nenos —que actualmente fan uso das instalacións da EIM Luís Seoane no contexto das obras— volverán á EIM de Monte Alto no vindeiro curso. O obxectivo desta medida é non obstaculizar o desenvolvemento e planificación da actividade actual para coas crianzas, ademais de facilitar o traslado do persoal docente en tempo e forma.

 

Máis novas

O Plan de Barrios pasa revista ao estado de Monte Alto

Licitan a pista multideporte para Monte Alto solicitada polas ANPAS

Aseguran que o Mercado de Monte Alto estará operativo a final de ano

Preguntan polo retraso dos prazos do Mercado de Monte Alto

 

Ilusión entre @s praceir@s na apertura do Mercado provisional de Monte Alto

ÚLTIMAS

O comercio de alimentación da Coruña ameaza con levar a folga ao Nadal

O persoal do comercio de alimentación da provincia da Coruña mobilizouse este martes na...

A IX edición de INTERSECCIÓN reúne 27 filmes de 22 países en cinco días

Xa está marcha INTERSECCIÓN – Festival Internacional de Cine da Coruña, cunha completa programación...

O Concello da Coruña abre este martes a inscrición para a súa Escola de Participación con 400 prazas

O Concello da Coruña abre este martes o prazo de inscrición para unha nova...

A UDC acolle unha das xornadas de AMEGA sobre o futuro dos medios de comunicación

Os medios de comunicación viven unha transformación profunda marcada pola intelixencia artificial, os novos...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here