InicioBARRIOSLabañou celebrou o magosto ao calor das castañas e a diversión dos...

Labañou celebrou o magosto ao calor das castañas e a diversión dos Festicultores

Publicada o

Por Ubaldo Cerqueiro

Acollía esta pasada noite de venres a pista cuberta da Normal a celebración do Magosto da AVV de Labañou, San Roque, Zona Escolar e Os Rosales. As castañas (baratas aquí), o chocolate e as chapas feitas pola rapazada daban a benvida a unha cita interxeracional.

A xornada comezaba con talleres de cabazas e unha procesión de Samaín para as crianzas.

Xa ás 21:00h, e mentres entraba a divertida e reivindicativa comitiva da Masa Crítica, saían ao escenario os Festicultores, o pasarúas máis divertido de Galicia. Desta volta a furgo-escenario non se moveu, pero si que se moveron os centos de veciños e veciñas que bailaron e cantaron a festa ourensá.

Magosto ern Labañou

Seguintes citas

A semana que vén tocará na Cidade Vella e nos Mallos. O sábado 15 será na Praza da Fariña (a ver cando lle devolven o nome real á Praza de Azcárraga), con obradoiro de cabazas e xogos infantís, música tradicional con Son D’Aquí, e viño e castañas. A queimada será campal.

Magosto na Cidade Vella 2025-Coruna

Xa o domingo 16 toca o Mallosto, que se desenvolverá na praza do Mercado da Sardiñeira durante a mañá e ata a Sesión vermú, con Los Claretes.

Mallosto-Magosto dos Mallos-Coruna 2025

Máis novas

A Masa Crítica celebrou o seu 20 aniversario reivindicando o papel da bici na cidade

ÚLTIMAS

O Festival Manicómicos arrincou as primeiras risas da finde

Arrincou este xoves a 25ª edición do Festival Manicómicos. Como o ano pasado, a...

Inés Rey reivindica a posta a disposición de vivendas públicas todos os demandantes

A alcadesa da Coruña, Inés Rey, reivindicou a posta a disposición do parque público...

Unha liorta cunha orella amputada en Culleredo acaba con tres persoas detidas

Garda Civil e Policía local do municipio coruñés de Culleredo, en colaboración coa Ertzaintza,...

As peñas demostran a fractura aberta no deportivismo

Está dividido o deportivismo. Así se demostrou este xoves na manifestación convocada pola Federación...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here