InicioCULTURASumar Coruña reclama responsabilidades políticas pola crise na Fundación Luis Seoane

Sumar Coruña reclama responsabilidades políticas pola crise na Fundación Luis Seoane

Publicada o

Por Redacción

Movemento Sumar Coruña manifesta o seu apoio total ao manifesto asinado por máis de 150 personalidades da cultura galega e coruñesa, en defensa da dignidade e das boas prácticas na Fundación Luis Seoane.

Para o grupo, o documento, difundido a través dunha exclusiva do Xornal da Coruña, “recolle o malestar do tecido cultural herculino e pon en evidencia unha situación insostible e un modelo de xestión cultural marcado polo amiguismo, a falta de diálogo e a opacidade”.

O manifesto está respaldado por un tecido cultural amplo, diverso e recoñecido tanto en Galicia como no conxunto do Estado, “o que evidencia a gravidade dunha crise que transcende a cidade e afecta á imaxe e ao prestixio institucional da Coruña”.

Para Movemento Sumar Coruña, “esta situación non é un episodio illado, senón a consecuencia directa da falta de rumbo e de responsabilidade política da alcaldesa Inés Rey e do concelleiro de Cultura, Gonzalo Castro”.

“Durante anos advertiuse da deriva da Fundación Luis Seoane, da ausencia de procesos abertos e da falta de diálogo co sector cultural, pero o goberno local mirou para outro lado mentres a confianza do mundo da cultura se esfarelaba”. “O que está a pasar na Fundación Luis Seoane é o reflexo dun modelo de cidade que entende a cultura como un escaparate e non como un espazo común. As boas prácticas non se predican, aplícanse”, afirmou Trinidad Palacios, voceira de Movemento Sumar Coruña.

Por outra parte, a nosa voceira sinalou que “cando máis de 150 profesionais da cultura se ven obrigadas a asinar un manifesto pola dignidade, o problema xa non é técnico, é político. E require responsabilidades. A cultura non pode seguir sendo tratada como un ámbito de propaganda municipal”.

Desde Movemento Sumar Coruña esixen que “o goberno local explique publicamente as decisións adoptadas na Fundación Luis Seoane, que publique todos os procedementos vinculados á súa xestión, e que abra un proceso participativo real co sector cultural.
A cidade precisa ética pública, transparencia e planificación, non improvisación nin dependencia política nas súas institucións culturais”.

Máis novas do proceso

Máis de 150 personalidades da cultura herculina asinan un Manifesto “pola dignidade e as boas prácticas” na Fundación Luís Seoane

ÚLTIMAS

Aquelarre de Trump e Netanyahu no San Xoán de Oleiros polo xenocidio en Gaza

O Concello de Oleiros anunciou que prepara unha falla para a noite de San...

A Coruña celebra a diversidade con Orgullo

Foi presentada esta mañá de venres a campaña municipal do Orgullo 2026, que se...

O luns comezan novos cortes polas obras en Alfonso Molina

Avanzan as obras estatais de renovación da Avenida Alfonso Molina na cidade da Coruña,...

Binter suma unha conexión semanal entre A Coruña e Canarias

A compañía aérea Binter puxo en marcha o reforzo da súa programación entre A...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here