InicioBARRIOSAberta xa ao tráfico a nova avenida da Sardiñeira

Aberta xa ao tráfico a nova avenida da Sardiñeira

Publicada o

Por Redacción

Esta mañá unha visita institucional visitou a avenida da Sardiñeira, onde xa se completou a reurbanización planificada polo Goberno municipal ao abeiro das obras de construción da nova estación intermodal.

As obras, que contaron cun investimento de 1,6 millóns de euros —cofinanciados con fondos Next Generation—, permiten unha vía máis osixenada, gañan en accesibilidade universal e, de paso, habilitar un novo percorrido de carril-bici que, no futuro, estará conectado coa avenida de Arteixo.

Un carril que ten os seus detractores na figura dalgún comerciante que bota en falta máis espazo para carga e descarga, pero o deseño do novo modelo urbano parece axeitado, pensando nunha mobilidade na que o transporte púnlico e a bicicleta son fundamentais

Así, cómpre lembrar que cambiaron de sentido rúas como Mariana Pineda, Borrallón e Francisco Catoira, coa finalidade de gañar máis conectividade interna na Sardiñeira e facilitar o acceso desde as rúas externas ao interior do barrio. Ademais, habilitouse a posibilidade de xirar á esquerda cara á rolda de Outeiro en sentido de saída desde a Sardiñeira.

apg_20251111_ALCALDESA_DIAZ_PAZ_OBRAS_AVDA_SARDINEIRA_014

Obras na Avenda de Arteixo

En paralelo, avanzan a bo ritmo cos traballos de construción das novas vías que conectarán a avenida da Sardiñeira e a avenida de Arteixo, a través da Agra dos Mallos.

Esta intervención, que supón un investimento engadido de 2,2 millóns, arrincou hai aproximadamente un ano e, de inicio, estimouse a súa conclusión en abril do 2026. Porén, a alcaldesa avanzou que se está a traballar co obxectivo de que a obra estea rematada no primeiro trimestre de ano, para facilitar a circulación e a mobilidade no distrito.
Cómpre lembrar que estas novas vías, inexistentes ata agora, permitirán absorber o tráfico específico da intermodal no seu acceso á cidade, o que axudaría a aliviar, por exemplo, o tránsito rodado pola avenida de Arteixo ao seu paso por Vioño.

Ademais, tal e como se informou tempo atrás, co modificado do proxecto da vía de dobre sentido, decidiuse desbotar a rotonda en óvalo que estaba previsto construír entre a
avenida de Arteixo e a Agra dos Mallos, onde se habilitará unha intersección en T, regulada por semáforos, que facilitará a circulación dos vehículos.
En total, sumando os fondos invertidos na avenida da Sardiñeira e na construción desta nova vía, o Concello inviste 3,8 millóns no distrito dos Mallos.

ÚLTIMAS

O BNG e Galiza Nova propoñen ampliar a bolsa municipal de vivendas en aluguer e mobilizar os pisos aleiros

Organizou o pasado venres o BNG e Galiza Nova da Coruña o acto “Garantir...

Evalúan o estado de limpeza da praia de Gandarío

A familia da Asociación Mar de Fábula colaboraba este pasado venres coa Empresa TEIGA...

Tres persoas reciben atención sanitaria na Coruña tras un accidente de tráfico en Alfonso Molina e un incendio na rúa Panadeiras

Dous sucesos distintos mantiveron en alerta os servizos de emerxencia da Coruña durante a...

O comercio Xusto celebra 40 anos en España e 21 na Coruña

Hai pouco cumpliron 20 anos en Galicia, pero en realidade as entidades que formamos...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here