InicioCULTURAADACE ponse a disposición do Padroado da Fundación Luís Seoane

ADACE ponse a disposición do Padroado da Fundación Luís Seoane

Publicada o

Por Ubaldo Cerqueiro

A Asociación de Directoras e Directores de Arte Contemporánea de España (ADACE), unha das primeiras entidades que alzaron á voz cando o Xornal da Coruña destapou a polémica arredor do concurso do posto de dirección na Fundación Luís Seoane, quere expresar “a súa satisfacción pola recente decisión da Alcaldesa da Coruña e Presidenta do Padroado da Fundación Luis Seoane de renovar o proceso de concurso público para a dirección da devandita institución.

A entidade considera que “esta medida constitúe un paso esencial para garantir as mellores condicións de transparencia, rigor e lexitimidade na designación do futuro equipo directivo”.

Ante esta nova situación, a entidade, que leva máis de 20 anos vixiando e denunciando casos desta natureza no ámbito dos museos e centros de arte contemporánea en España, e que conta con destacas figuras da dirección de museos e centros contemporáneos do estado español como Manuel Segade (Reina Sofía), Imma Prieto (Fundación Tàpies), Yolanda Romero (Colección Banco de España), Javier Hontoria (Patio Herreriano), José Lebrero (Museo Picasso), Santiago Olmo (CGAC), entre outros, “pon ao dispor do Concello da Coruña e do Padroado da Fundación Luis Seoane o seu asesoramento institucional, ofrecendo acompañamento en todas as fases do proceso”.

Aseguran que “este apoio abarca tanto a revisión e redacción das bases do concurso como a definición dos criterios de valoración e a composición do comité avaliador, co fin de asegurar que independencia, profesionalidade e boas prácticas sexan os principios reitores do procedemento”.

Aproveitan para lembrar que “como asociación que, desde 2004, traballa de maneira continuada na defensa e aplicación do código de boas prácticas no ámbito dos museos e centros de arte contemporánea en España —e que integra a profesionais que actualmente dirixen algunhas das principais institucións culturais do país—”, e reafirman o seu “compromiso coa calidade institucional, a excelencia profesional e a transparencia nos procesos de selección”.

“Estamos convencidos de que só mediante a plena aplicación do código de boas prácticas neste novo concurso público será posible restablecer a confianza da comunidade profesional e da cidadanía, así como honrar e preservar a memoria de Luis Seoane, figura clave na construción da identidade cultural de Galicia”, aseguran.

Máis novas do procedemento

A Fundación Luís Seoane recúa e volverá a abrir o procedemento de designación da dirección

ADACE cuestiona “a equidade do concurso e a confianza na gobernanza da Fundación Luís Seoane”

O concurso da praza de “directora substituta” da Fundación Luís Seoane, novo exemplo do abandono dunha da xoias culturais da cidade

ÚLTIMAS

Investigan un brote de gastroenterite que afecta a case 50 alumnos do IES de Elviña na Coruña

Entre 40 e 50 estudantes do IES Plurilingüe de Elviña, na Coruña, están afectados...

A licitación do novo contrato de xestión da planta de Nostián a 25 anos incluirá a súa remodelación

A Xunta de Goberno Local vén de aprobar unha demanda histórica: vén de asinar...

Sen autobuses e con piquetes: nova xornada de paros no transporte de viaxeiros da Coruña

Traballadores e traballadoras do sector do transporte de viaxeiros na provincia da Coruña están...

Os taxistas volven colapsar a cidade para esixir unha ordenanza sobre os VTC

A xornada de paro dos taxistas vén de colapsar a entrada da cidade. O...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here