InicioMOV. SOCIAISAs entidades e as administracións tecen redes na I Feira da Saúde

As entidades e as administracións tecen redes na I Feira da Saúde

Publicada o

Por editor

O Centro Ágora acolleu este sábado a I Feira Saúde e Sociedade. Trátase dunha xornada aberta e participativa, organizada pola Universidade da Coruña, a través da súa unidade UDC Saudable, e o Concello da Coruña, para poñer en valor o papel da Universidade, das entidades sociais e do tecido asociativo na promoción da saúde, no benestar e na inclusión social da cidadanía.

O proxecto busca reforzar alianzas entre institucións públicas e o terceiro sector para construír unha resposta común ás necesidades de saúde e vulnerabilidade da contorna.

FEIRA DA SAUDE-23

Na I Feira estiveron un amplo abanico de asociacións, entidades e recursos relacionados coa promoción da saúde, a prevención da enfermidade e o apoio social e a atención a colectivos vulnerables. Entre as organizacións presentes atópanse: Asociación Coruñesa de Epilepsia, Asociación Española Contra o Cancro (AECC), ASARGA – Asociación de Sarcomas Grupo Asistencial, Fundación INGADA – Instituto Galego do TDAH e Trastornos Asociados, QuerENDO – Mulleres con Endometriose, Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS), ASFEDRO – Asociación Ferrolá de Drogodependencias, Dano Cerebral Galicia, Asotrame – Asociación Galega de Trasplantados de Medula Ósea, ENKI – Inclusión en movemento, ALCER Coruña – Asociación para a Loita Contra as Enfermidades do Ril, LRG – Liga Reumatolóxica Galega, FEGEREC – Federación Galega de Enfermidades Raras e Crónicas, SEDRA – Federación de Planificación Familiar Estatal, AGL – Asociación Galega de Linfedema e Lipedema, Espazo Compartido e UDC Saudable Universidade da Coruña.

FEIRA DA SAUDE-21

Máis novas

O Centro de Baixa Esixencia de Labañou cumple un ano: “Un espazo de dignidade dentro da cidade”

ÚLTIMAS

Festas, libros, arte, música, eclipse. Arrincou un agosto do cine na Coruña

Este sábado arrincou o mes de agosto na Coruña, o mes onde pasa todo....

Piden vixilancia arqueolóxica municipal nas obras das vivendas de luxo da Maestranza

As máquinas levan semanas executando obras de movemento e excavación de terras na parcela...

O Concello presenta unha nova edición do calendario histórico

A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, presentou este luns unha nova edición do calendario...

Tres persoas continúan ingresadas polo incendio nun edificio da Coruña, dous delas na unidade de queimados

Tres das persoas --once en total-- que resultaron feridas este domingo nun incendio rexistrado...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here