Aproveitando a visita guiada do Programa Ambiental do Concello da Coruña organizada pola Fundación Érguete para as persoas residentes no Centro de Inserción Social da Coruña, queremos facer unha guía práctica sobre a tenencia responsable de animais.
Máis tendo en conta, como xa temos falado, que vivimos nunha cidade con máis cans que menores de 14 anos, o que fai necesario case asumir aos animais como “cidadáns cans”. Todo nun contexto no que a irresponsabilidade duns poucos “donos” coas recollidas das cacas, con levar cans soltos e sen bozal… acaba provocando unha controversia social importante.
E co gallo de unir camiños, traemos esta interesante guía sobre tenencia responsable de animais.
Os principios básicos serían proporcionar unha alimentación e unha saúde axeitada, e terlle posto microchip e telo rexistro no RELIAC.
En breve, a sociedade española falará da esterilización de todos os animais que non sexan destinados á cría, como xa acontece a día de hoxe no norte de Europa.
Áreas caninas e zonas de esparcimento canino
Son tres os tipos de espazos onde, unicamente, se poden soltar aos cans: a pequena e contaminada cala de Bens), a única onde os animais se poden bañar todo o ano; as áreas caninas e as Zonas de esparcimento canino.
Hai 5 Áreas caninas na cidade, onde os cans poden estar libres, pero cómpre manter as normas básicas como recoller os excrementos… Estas son:
- Eirís,
- Bens,
- Novo Mesoiro,
- Santa Margarida e
- Parque Adolfo Suárez, en Visma.
En canto ás Zonas de esparcimento canino (áreas máis grandes nas que poden ir libres en horarios, en inverno dende as 20:00 as 8:00, e en verán dende as 22:00), temos as de:
- San Diego,
- A Maestranza,
- Barrio das Flores,
- Torre de Hércules e
- Parque Adolfo Suárez, en Visma.
Durante o inverno, as praias convírtense en zonas de esparcimento canino e os cans só poden estar ceibos neste mesmo horario, de 20:00h a 8:00h.
Cans potencialmente perigoso
Facemos especial fincapé nos cans “potencialmente perigosos”, que na lei intentaron denominar como “de manexo especial”. Son 16 razas e os cruces entre elas, os recollidos na ordenanza, pero tamén se inclúen cans que tiveron un precedente de agresión a persoas ou animais; e outros que foron educados como garda.
Estes teñen que levar bozal sempre, ir amarrados cunha correa de 1,5m, e ademais requiren un seguro especial e unha licenza municipal nominal (e só poden saír á rúa coa persoa que teña esa licenza, non pode haber un can “da casa” que pasee toda a familia, supoñendo esta un dos principaus argumentos das sacións).
Outro día falaremos da canceira municipal, onde a meirande parte dos animais, curiosamente, son dos considerados “potencialmente perigosos”…
Máis novas
De mascota a “perrhijo”: A Coruña, a cidade con máis cans que nenos

