InicioA CORUÑAO movemento "Baixo O Mesmo Paraugas" cumpre 10 anos na Coruña implicando...

O movemento “Baixo O Mesmo Paraugas” cumpre 10 anos na Coruña implicando a 100 entidades

Publicada o

Por Ubaldo Cerqueiro

Este mércores 3 de decembro, a Coruña volverá cubrirse “Baixo O Mesmo Paraugas”. O movemento que aglutina a máis de 100 entidades sociais de toda Galicia vinculadas coa diversidade funcional, volven unirse co gallo do Día Internacional das Persoas con Discapacidade.

O movemento de Baixo O Mesmo Paraugas, que naceu na Coruña, cumpre nada menos que 10 anos mostrando a realidade das persoas con discapacidade e sendo voz das súas reivindicacións.

Para celebrar esta data tan especial este ano o 3 de decembro habrá marchas con paraugas en toda Galicia. Na cidade da Coruña a marcha sairá da explanada do Parrote ás 11.30 h e irá por Riego de Agua, cruzará a Avenida da Marina e regresará ao Parrote pola zona peatonal da Avenida do Porto.

Ricardo Iglesias, portavoz das entidades organizadoras de Baixo O Mesmo Paraugas, animou a toda a cidadanía a unirse a este gran movemento. “Queremos amosar as capacidades das persoas, porque as diferenzas fan máis forte a unha sociedade e todas as persoas teñen moito que achegar. Animamos a toda a cidadanía a acompañarnos cos seus paraugas en todos os actos que faremos en Galicia. E queremos que cada ano se unan máis entidades de toda a comunidade”, resaltou.

Na rolda de prensa estivo acompañado de Nereida Canosa, concelleira de Benestar Social, Igualdade e Participación, cuxo departamento se implicou un ano máis na organización deste evento, que este ano contará coa animación musical de Brassica Rapa e co presentador Fran Rei.

Tamén está confirmada a participación de máis de 100 alumnos/as dos colexios Dominicos e Eusebio da Guarda.

Máis novas

A Coruña móllase pola inclusión #Baixoomesmoparaugas

ÚLTIMAS

As chaves da folga de médicos na atención primaria galega

O meu nome é Afonso e son un dos representantes da asemblea de médicos...

O Terceiro Sector no Seminario da EAPN-ES da Coruña: “A pobreza non é inevitable”

Interesante e necesario o Seminario Anual ‘Garantía de Dereitos e Novos Modelos de Servizos...

Ferido un mozo tras caerlle a estatua da Fonte do Desexo

Eran as 0:00h cando saltaban as alarmas en plena Praza de Azcárraga. Un mozo...

A UDC impulsará o seu grao de Medicina na Coruña: dá por roto o acordo de descentralización ao non ratificalo a USC

A Universidade da Coruña (UDC) emitiu un comunicado este venres no que avanza que...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here