InicioA CORUÑAMáis de cen entidades sociais amosan a súa forza "Baixo o mesmo...

Máis de cen entidades sociais amosan a súa forza “Baixo o mesmo paraugas” para visibilizar a disCapacidade

Publicada o

Por Ubaldo Cerqueiro

Este pasado mércores, 3 de decembro, A Coruña volveu ser o centro da inclusión. Co gallo do Día Internacional das Persoas con Discapacidade, máis de cen entidades sociais de toda Galicia amosaron a súa forza no Parrote coa iniciativa “Baixo o mesmo paraugas”. Unha concentración que celebraba o seu 10º aniversario con máis forza que nunca, unindo entidades, familias e representantes das Administracións públicas.

Dia da Discapacidade na Coruna-Baixo o Mesmo Paraugas
A marcha polo Día da Discapacidade por Riego de Agua

Este ano ademais, gracias á lixeira tregua do tempo, realizaron unha marcha que arrincou do Parrote, colouse por Riego de Agua, e cruzou a Avenida da Marina para voltar ao Parrote pola zona peatonal da Avenida do Porto. Todo ao ritmo dos saxos e demostrando unha unidade que reivindica a forza do tecido asociativo e que son #Xente10, outro dos lemas da xornada.

“Un movemento que nunca se rende, que avanza unido e que loita cada día por unha sociedade máis xusta, diversa e inclusiva”, destacan dende Aspace Coruña, impulsora desta campaña e unha das 34 entidades presentes.
Baixo o mesmo Paraugas
Dia da Discapacidade na Coruna-Baixo o Mesmo Paraugas presi Aspace
Ricardo Iglesias, director de Aspace Coruña

O acto do Parrote rematou cunha imaxe chea de simbolismo que acompaña a cada edición desta campaña: unha marea de paraugas de cores ao aire, que representa a loita por promover a visibilización e apoio ás persoas con discapacidade, co obxectivo de fomentar a inclusión e e a igualdade nunha sociedade plural.

Tamén en Culleredo

Tamén en Culleredo se conmemorou a data, con membros do Concello, usuarios do centro ocupacional A Escada, do centro de día, profesionais e veciños. “Hoxe por min, mañá por ti”, “A dignidade non necesita diagnóstico”, “A discapacidade non define á persoa” o “A discapacidade non ten límites, pçodese chegar á meta”, foron algúns dos lemas exhibidos no acto. Completouse coa lectura conxunta do manifesto.

manifiesto dia discapacidad culleredo

Máis novas

Os Marines, 5 anos rompendo barreiras e facendo gozar do deporte a xentes con discapacidade

A Coruña móllase pola inclusión #Baixoomesmoparaugas

ÚLTIMAS

Xurxo Souto presenta este venres, por primeira vez na súa Coruña, “A Novela do Bravú”

Despois das presentacións en Muros e na Casa das Crechas, en Compostela, toca, por...

Xuxán, Meicende, Os Mallos e Monte Alto estrearán 6 novas estacións de Bicicoruña

Segue medrando o transformador servizo de BiciCoruña. A semana pasada instalábanse dúas novas estacións...

“O 5 de decembro non haberá servizo de autobús interurbano”

Dá comezo este venres 5 a folga do sector do transporte de viaxeiros e...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here