InicioA CORUÑAAs familias do CEIP Concepción Arenal apoian as demandas do seu profesorado...

As familias do CEIP Concepción Arenal apoian as demandas do seu profesorado ante a falta de persoal coidador

Publicada o

Por Ubaldo Cerqueiro

Onte era o profesorado o que se plantaba e non acodía ás aulas. Hoxe, foi a comunidade escolar ao completo do CEIP Concepción Arenal a que se concentrou ás portas do centro para protestar pola eterna falta de persoal coidador.

Mentres en Labañou as familias do CEIP Prácticas mantiñan un ano de mobilizacións polo deterioro do seu centro, por Catro Camiños as familias decidiron apoiar as demandas dun profesorado que onte tomaba a decisión extrema de non entrar nas aulas a primeira hora ao atoparse sen as dúas persoas coidadoras que lle corresponden a este centro.

A CIG-Ensino lembra que a administración nomeou unha persoa para hoxe pero está pendente substituír a outra auxiliar coidadora. Malia os anuncios na prensa de que se incorpora o martes o centro non sabe nada oficialmente.

O centro ademais non entende os parches realizados a última hora, como acontecía onte, cando a media mañá, despois do paro, a Xunta enviaba unha compañeira procedente do CEE Nosa Señora do Rosario para paliar a grave situación de desatención na que estaba neses momentos o alumnado, o que permitiu retomar a actividade lectiva con dificultades.

 

Máis novas

O profesorado do CEIP Concepción Arenal plántase ante a falta de persoal coidador

Un ano de loita polo CEIP Prácticas: “As familias estamos fartas!”

Un ano de loita polo CEIP Prácticas: “As familias estamos fartas!”

ÚLTIMAS

O Mercado de Monte Alto abrirá as súas portas o vindeiro mércores 10

Xa hai data confirmada. O vindeiro mércores 10 de decembro, o novo Mercado municipal...

Un ano de loita polo CEIP Prácticas: “As familias estamos fartas!”

Algo está a pasar no ensino, que a Xunta non quere escoitar, para que...

A Rede Acampa entregará o vindeiro xoves os seus recoñecementos á defensa dos DDHH a Mohamed Safa e o Dr. Refaat Alathamna

Non puideron celebrarse os Encontros Internacionais Acampa pola Paz este ano por mor da...

O TSXG obriga á Xunta declarar de utilidade pública unha asociación LGBTIQ+ da Coruña

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) obriga á Xunta de Galicia a...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here