InicioA CORUÑAImportante impacto da folga de autobuses interurbanos

Importante impacto da folga de autobuses interurbanos

Publicada o

Por europapress

Os profesionais do servizo de transporte de viaxeiros e viaxeiras por estrada na provincia da Coruña secundaron masivamente a folga convocada por CIG, UXT e CCOO para este venres, día 5, de tal xeito que non se deron cumprido os servizos mínimos nin en Santiago, si en Ferrol.
“Cando non son mínimos e son máximos o resultado é este”, recalcou o responsable sector de estradas de UXT, Iván Cancela, tras explicar que o transporte escolar “si se está realizando todo”.

Foi en declaracións aos medios durante a protesta celebrada polo persoal ante a estación de autobuses da Coruña. Na mobilización, participaron ao redor de 200 persoas en resposta á parálise na negociación e en demanda dun convenio colectivo “digno”.

“A folga está a ser un éxito, cun seguimento do 100%“, expuxo Cancela respecto dunha xornada que transcorreu “con normalidade” e sen incidencias neste municipio aínda que co enfado de parte dos usuarios.
“Comprendémolo pero teñen que entender que é unha situación límite para nós tamén, somos igual de dagnificados que eles”, argumentou e engadiu que van “seguir informando os compañeiros e esperando a ver se hai algún tipo de movemento por parte da patronal”.

Na mesma liña, o secretario xeral da Federación de Servizos á Cidadanía de CCOO, Jorge García, sinalou que os condutores dos servizos mínimos, tras ser informados do motivo da folga, “decidiron pola súa conta non saír”. “Son conscientes de que este convenio é para mellorar as súas condicións laborais”, incidiu.

Pola súa banda, o responsable do transporte en CIG, Ernesto López, lembrou que as súas demandas son, principalmente, “actualizar os salarios, modernizar e reducir a xornada laboral e favorecer a conciliación da vida familiar”.

2025-12-05_FolgaTransporteFerrol03

XUNTA

Pola súa banda, fontes da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes, que é a que ten as competencias sobre mobilidade, consultadas por Europa Press, trasladaron que “ata as 10.30 horas o grao de cumprimento dos servizos mínimos foi do 59% nos contratos afectados e no transporte escolar do 76%”.

Así mesmo, apuntaron que os autobuses “teñen dificultades” para realizar as entradas e saídas das estacións da Coruña, Santiago e Ferrol “pola presenza dos piquetes”.

Máis novas

“O 5 de decembro non haberá servizo de autobús interurbano”

Reiteran os eternos problemas do transporte público metropolitano

ÚLTIMAS

O sector do taxi da Coruña rexeita a consulta pública sobre a nova ordenanza e esixe o control das VTC

Taxistas convocantes nos últimos meses de protestas na Coruña contra as VTC, para esixir...

O mar da Coruña revólvese ante o Regulamento Europeo de Control

Entre bocinas e bengalas (sempre son moi vistosas as manifestacións do sector) xentes do...

O premiado proxecto lingüistico co CEIP Sagrada Familia, exemplo normalizador do Lx15

Mariña Lema é natural de Cabana, pero leva un par de anos dando clases...

A Deputación da Coruña leva o eclipse total do 12 de agosto a Fitur

A Deputación da Coruña estará presente un ano máis na Feira Internacional de Turismo...